Desde o inicio do curso 2024-25, os usuarios das aulas virtuais no proxecto Webs Dinámicas, no seu primeiro inicio de sesión, deberán aceptar a política coa información básica sobre protección de datos.

Os usuarios co rol de Administradores do sitio están exentos de facelo.

Unha vez iniciada a sesión aparecerá a seguinte pantalla na que se pode ler a política:

Política sobre protección de datos

Desde esta páxina tamén se enlazan as seguintes:

Ao darlle ao botón Seguinte, pasa á pantalla na que se debe marcar que se acepta a política para poder continuar:

Aceptación da política

É necesario marcar "Dou o meu consentimento a Información básica sobre protección de datos" e darlle ao botón Seguinte para completar o primeiro inicio de sesión.

Posteriormente, os usuarios poden consultar esta política desde o botón de axuda ao pé de páxina.

Última modificación: xoves, 12 de setembro de 2024, 9:39 AM