Para situar un menú dunha taxonomía nunha rexión da plantilla de forma independente sen formar parte dun menú xeral, farase do seguinte xeito tomando como exemplo a taxonomía O centro:

  • Comprobar se está o módulo Taxonomy Menu instalado en Administrar » Estender
  • Unha vez instalado, podemos crear novos menús de tipo Taxonomy Menu desde Administración » Estrutura » Menú de Taxonomía. O módulo Taxonomy menu non crea directamente o menú, só engade enlaces aos termos de taxonomía no menú indicado.
  • Crear o menú O Centro desde Administración » Estrutura » Menús  como se indica no Paso 1. Crear o novo menú Menú principal
  • Crear o vocabulario O Centro cos termos correspondentes desde Administración » Estrutura » Taxonomía como se indica en Organización en taxonomías quedando, por exemplo, a seguinte estrutura:

Taxonomia O centro

  • Neste momento xa se pode volver á páxina de configuración de Taxonomy Menu (Administración » Estrutura » Menú de Taxonomía) e crear o novo menú (Add Taxonomy menu). Seleccionar os seguintes valores:
    • Etiqueta: O Centro
    • Vocabulario: O Centro (creado previamente)
    • Menú: O Centro (creado previamente)

Taxonomy menu

  • Unha vez creado, comprobar que os enlaces están engadidos no menú O centro:

Menú O Centro

  • Pódese comprobar que na imaxe non aparecen os subtermos de Organigrama. Eso é porque na páxina de configuración de Taxonomy Menu en Profundidade temos seleccionado o valor 1.
  • Neste caso escoller Profundidade co valor 2. Gardar.
    • Ir de novo a ver o menú O centro e ahora vese o seguinte:

Menú O Centro

Last modified: Wednesday, 17 April 2024, 1:16 PM