2.2. Engadir un tipo de bloque personalizado para crear diferentes deseños
O módulo Layout Builder, tamén permite a creación de tipos de bloques para logo crear bloques con deseños personalizados.
Ruta: Administrar (Manage) > Estrutura > Block layout > Custom block library > Block types.
Despregaranse os tipos de bloque existentes no sitio web.
- Premer en +Engadir un tipo de bloque
- Nome*: Personalizado
- Descrición. Opcionalmente podemos poñer algo como: "Para bloques cun deseño personalizado mediante o módulo Layout Builder."
- Gardar
Unha vez creado o tipo de bloque imos á súa páxina de Xestionar a visualización.
- Na opción Layout Options (Opcións de deseño) marcar os checks para:
- Use Layout Builder
- Allow each custom block to have its layout customized. (Permite que cada bloque deste tipo teña o seu deseño personalizado).
- Gardar.
Última modificación: mércores, 7 de febreiro de 2024, 12:37 PM