Creación e edición dun contido
O formulario de creación dun novo contido e o de edición dun existente é o mesmo pero chegando a el de distinto xeito:
- Pódese editar un contido existente, contando cos permisos necesarios, desde a páxina do contido e premendo na solapa Editar.
- Tamén se pode editar un contido desde Administrar, Contido, e o botón Editar que lle corresponda.
Para crear un novo contido hai que seguir os seguintes pasos:
- Ir a Contido e premer en + Agregar contido.
- Elixir o tipo de contido.
- Introducir os datos básicos (exponse a continuación o formulario do tipo de contido Artigo por ter máis opcións que o de Páxina básica):
- Título.
- Imaxe (no caso dos contidos de tipo Artigo). Pódese, opcionalmetne, engadir unha imaxe que aparecerá a carón do corpo do contido.
- Corpo. Introducirase o texto do contido, co formato que permiten as ferramentas do editor e incluíndo as ligazóns e os elementos multimedia que se queiran inserir.
- Formato de texto. Determina que etiquetas HTML se poderán utilizar no corpo do contido. Normalmente deixase o valor por defecto.
- Etiquetas (no caso dos contidos de tipo Artigo). O tipo de contido Artigo ten por defecto un campo para engadir etiquetas (termos) do vocabulario Etiquetas. Isto permite crear etiquetas globais a toda a web para os contidos deste tipo.
- Taxonomías. Se hai taxonomías definidas na web e o tipo de contido ten os campos para asocialas, póderase elíxir en que termo ou termos de taxonomía se publica o contido.
- Publicado (só para administradores). Desmarcando esta opción o contido quedará como borrador e só será visible para os administradores.
- Introducir outras opcións (descríbense a continuación as opcións do panel á dereita do formulario):
- Mensaxe do historial de revisións. Cada vez que se edite un contido vaise crear unha nova versión do mesmo. Neste campo pódese deixar constancia dos cambios que se fan de cada vez.
-
- Configuración do menú (só para administradores).
- Permite crear unha ligazón ao contido desde un menú.
- Activar a opción "Proporcionar un enlade do menú".
- Poñer un título para a ligazón.
- Escoller o elemento de menú do que colgará a nova ligazón.
- Para que un menú concreto apareza neste desplegable hai que editar o tipo de contido e na súa configuración de menú marcar aquel que se quere poder elixir.
- Configuración do menú (só para administradores).
-
- Configuración dos comentarios (só para administradores e contidos de tipo Artigo).
- No caso de abriren os comentarios débese vixiar que non entren comentarios non apropiados.
- Configuración dos comentarios (só para administradores e contidos de tipo Artigo).
-
- Alias de URL.
- Permite facer que a ruta de acceso ao contido, e vez de ser do tipo node/# sexa mediante unha palabra ou cadea alfanúmerica significativa.
- Débese introducir a barra / antes da palabra.
- Alias de URL.
-
- Información do autor (só para administradores).
- Borrando o contido do campo "Creado por" non se amosará quen é o autor do contido e quedará como se fose creado polo usuario Anónimo.
- Cambiando o valor do campo "Creado por" polo nome de usuario de outro usuario, cámbiase o autor do contido. Debe introducirse un nome de usuario existente.
- Permite cambiar a data e a hora de publicación. Con isto lógrase alterar a orde en que aparecen os contidos.
- Información do autor (só para administradores).
-
- Opcións de promoción (só para administradores).
- "Promoted to front page". Publica o contido na portada da web.
- "Pegañoso no comezo das listas". Os contidos que teñen esta marca aparecen antes que os que non a teñen. Non se recomenda o seu uso salvo en casos puntuais.
- Opcións de promoción (só para administradores).
- Vista previa. Antes de gardar o contido hai a posibilidade de ver como quedará.
- Premendo no botón Vista previa vese como quedará o contido sen necesidade de gardalo.
- Na parte superior da web aparece unha barra que permite elixir entre a versión completa ou recortada (resumo) do contido.
- Tamén un botón para volver ao formulario de edición para facer máis cambios ou gardalo.
- Gardar.
Última modificación: martes, 12 de decembro de 2023, 9:53 AM