3. Creación dun contido de tipo personalizado
A continuación procederase a engadir un novo contido do tipo Personalizado
Ruta Administrar (Manage) > Contido. Despregarase a lista de contidos creados no sitio web.
- Facer click en +Agregar contido e seleccionar Personalizado.
- Título*: Contido personalizado
- Body: vacío
- Gardar
- Aparecerá unha nova lapela Disposición proporcionado por Layout Builder que nos permitirá estruturar o contido en Seccións e bloques.
- Por defecto aparece creada unha sección (Section 1) cos campos dispoñibles Ligazóns e Body.
- Observar que existe a posibilidade de engadir novas seccións (Add section) ou novos bloques (Add block)
- Desde esta ventá será posible establecer a nova disposición do contido creado.
- Para o noso exemplo eliminaremos a sección 1 con toda a información que contén, premendo na aspa situada á esquerda de Configure Section 1. O sistema pedirá confirmación.
- A continuación engadirase unha nova sección con dúas columnas que ocupen o mesmo (50-50)
- Premer Add section (1)
- Two column (2)
- Opcionalmente é posible establecer unha etiqueta administrativa. Preme en Add section.
- Aparecerá unha nova sección 1 con dúas columnas ao 50% nas que será posible engadir novos bloques.
- Premer en Add block nunha das columnas da sección 1 (por exemplo na columna esquerda).
- Poderanse engadir diferentes tipos de campos de información e de bloques xa proporcionados polo sistema.
- Adicionalmente, o sistema permite engadir contido de xeito directo mediante a opción Crear bloque personalizado (Crear custom block)
- Nota: Os bloques personalizados creados desde esta opción non se reflicten na opción xeral Administrar (Manage) > Estrutura > Block Layout
- A modo de exemplo crearase un bloque personalizado de tipo Basic Block (Bloque básico).
- Nas opcións de configuración do bloque será posible especificar un Título (con posibilidade de visualización Display title) e un Corpo, tal e como se reflicte na seguinte imaxe.
- Para gardar os cambios, premer en Engadir un bloque:
- A modo de exemplo crearase adicionalmente unha nova sección (Add section -> Section 2), que conterá unha única columna cunha anchura do 100%. Engadiranse 3 bloques (Add block) de acordo co seguinte:
- Sección 1: bloque personalizado da columna esquerda: Texto.
- Sección 1: bloque personalizado da columna dereito: Imaxe
- Sección 2: Texto
- Finalmente premer en Save Layout e observar o resultado
NOTA: Na lapela disposición do editor de contido é posible arrastrar un bloque dunha columna a outra na mesma sección ou entre seccións.
Última modificación: miércoles, 7 de febrero de 2024, 12:16