2.1. Engadir un tipo de contido personalizado para crear diferentes deseños
Ruta Administrar (Manage) > Estrutura > Tipos de contido. Despregaranse os tipos de contido existentes no sitio web.
- Premer en +Engadir un tipo de contido
- Nome*: Personalizado
- Descrición. Opcionalmente podemos poñer algo como: "Para contidos cun deseño personalizado mediante o módulo Layout Builder."
- Opcións de Publicación. Recoméndase desmarcar a opción "Promocionado á páxina principal".
- Axustes da visualización. Valorar se desmarcar a opción para visualizar o autor e a data de publicación.
- Premer en Gardar e xestionar campos
Por defecto aparece unicamente o campo Body
- Facer click na lapela Xestionar a visualización
- Na opción Layout Options (Opcións de deseño) marcar os checks para:
- Use Layout Builder
- Allow each content item to have its layout customized. (Permite que cada contido deste tipo teña o seu deseño personalizado).
- Gardar.
Última modificación: mércores, 7 de febreiro de 2024, 12:37 PM