2. Creación dun estilo para as imaxes do slide
- Nun "Slide" de imaxes, todas elas deben ter as mesmas dimensións, xa que do contrario crearían un efecto pouco estético.
- A continuación vaise describir como crear un estilo de imaxe que logo se aplicará ás imaxes do slide.
- Isto ten que facelo un usuario administrador.
- Acceder a Administrar, Configuración, Medios, Estilos de imaxe.
- Por defecto aparecerán unha serie de estilos xa creados cuns tamaños predeterminados.
- Premer en + Add image style.
- Especificar un nome para o novo estilo de imaxe: neste exemplo crearemos imaxes de dimensións 380*200px, polo que o nome do estilo será 380*200 (recoméndase que o nome do estilo permita identificalo dun xeito sinxelo con posterioridade)
- Estas dimensións deben decidirse en función das proporcións orixinais das imaxes e das dimensións que queremos que o slide ocupe na web.
- Premer en Crear Estilo novo.
- Na seguinte pantalla, elixir o efecto Escalar e recortar e premer en Engadir:
-
- Este efecto mantén as proporcións da imaxe orixinal, sen deformación. Primeiro escala mantendo a proporcionalidade e logo recorta sobrante para que teña as dimensións indicadas.
- Este efecto mantén as proporcións da imaxe orixinal, sen deformación. Primeiro escala mantendo a proporcionalidade e logo recorta sobrante para que teña as dimensións indicadas.
- Premer en Engadir efecto: Podemos observar como se recorta a imaxe previamente escalada
- Gardar.
Last modified: Tuesday, 5 December 2023, 2:09 PM