Crearase un novo tipo de contido denominado Slide para portada que combinará campos de tipo Texto e Imaxe.Opcionalmente podería incorporar tamén un campo de referencia a un termo de taxonomía, tal e como se explicou con anterioridade na documentación, ou outro tipo de campos.

Crear o tipo de contido "Slide para portada".
  • Ruta Administrar (Manage) > Estrutura > Tipos de contido: observar que inicialmente hai 2 tipos de contido: Artigo e Páxina básica.

Novo tipo de contido

  • Premer en + Engadir un tipo de contido
    • Nome: Slide para portada.
    • Descrición: Creación de contidos para un slide de imaxes e textos na portada.
    • En Opcións de publicación,desmarcar o check Promocionado á páxina principal.
    • Premer en Gardar o tipo de contido.

Engadir o campo de imaxe.
  • Seleccionar a solapa Administrar campos.
  • Por defecto aparece o campo "Body" como un campo de texto longo.

Administrar campos

  • Engadiremos un campo "Imaxe" para incluír as imaxes premendo en + Engadir campo:
    • Na opción Selecciona un tipo de campo: Referencia >  Imaxe.
    • En Etiqueta especificamos Imaxe slide.

Referencia a imaxe

    • Gardar e continuar.
  • Abrirase unha nova páxina con dúas lapelas: Editar e Configuracións do campo.
    • Na lapela Configuracións do campo
      • Destino da subida: Arquivos públicos
      • Imaxe predefinida: Será a que se visualice en caso de non incorporar ningunha. Pódese deixar en branco.
      • Número de valores permitidos: Cada contido do slide terá só unha imaxe así que deixamos como Limitado: 1

Configuracións do campo

      • Gardar os axustes do campo
    • Na lapela Editar:
      • Etiqueta: Permite cambiar o nome da etiqueta
      • Campo necesario: Permite establecer se é un campo obrigatorio (de xeito que non se pode deixar en branco, sempre hai que introducir un valor)
      • Extensións de arquivos permitidas: Permite establecer as extensións de imaxe permitidas á hora de engadir imaxes a este tipo de contido
      • Outras opcións relacionadas co directorio no que se almacenarán as imaxes, resolución e tamaño das mesmas.

editar

    • Deixar todos os valores por defecto e premer en Gardar os axustes.

Reordenar os campos no formulario de edición.
  • Este paso non é necesario.
  • Seleccionar a lapela Manage form display
  • Permite especificar a orde na que se verán os campo no momento de creación/edición dun contido.

Form display


Configurar a visualización.
  • Seleccionar a lapela Xestionar a visualización.
  • Seleccionar o modo de visualización Contido completo (Default):
    • Ocultar a etiqueta para os campos Body e Imaxe Slide.

Ocultar etiquetas

    • Para o campo Imaxe Slide, premendo na icona da roda dentada é posible especificar un estilo de imaxe ou vincular a imaxe ao contido.
      • Neste caso, deixaremos como estilo de imaxe: Ningún (imaxe orixinal) e Vincular imaxe a Contido.
      • Deste xeito cando se visualice o nodo correspondente verase a imaxe a tamaño orixinal e premendo sobre ela abrirase o contido.
      • Se polo contrario escollemos por exemplo en Estilo de imaxe o estilo definido previamente 380*200, a imaxe sempre se vería  nese tamaño, nunca en tamaño orixinal.
      • Actualizar.

Configurar visualización


Configurar os permisos.

Por defecto, solamente o rol de Administrador terá permisos para crear ou editar contidos deste tipo. Para outorgar permisos para usuarios con outro rol seguir estes pasos.

  • Seleccionar a lapela Manage permissions.
  • O habitual será marcar os seguintes permisos:
    • Crear un novo contido.
    • Borrar contido propio.
    • Editar contido propio.
    • Revert revisions.

Confugurar permisos

Última modificación: martes, 5 de decembro de 2023, 2:09 PM