Crear unha tarefa
Crear unha tarefa
En comparanza con outras ferramentas de Moodle, as tarefas destacan pola sinxeleza na súa creación. Básicamente o profesor ten que crear unha descripción do traballo a desenvolver por parte dos alumnos e estes terán (ou non segundo estableza o profesor) un espazo para subir ó sistema os seus resultados.
Para crear unha tarefa débense segue-los seguintes pasos:
|
Se o profesor elixe a opción "Subir un arquivo", ten que configura-lo tamaño máximo do arquivo a subir e a posibilidade de admitir ou non reenvíos. Un reeenvío supón a sobreescritura de arquivos anteriores. Ademáis pode establecerse o envío de alertas das entregas co que Moodle avisa ós profesores no momento en que hai unha entrega a través do correo electrónico.
Unha vez configurada a tarefa, os alumnos poden lee-lo enunciado e comezar a enviar os seus traballos. Para iso poden selecciona-lo arquivo do seu disco duro e subilo ó sistema a través dun formulario incluido na propia tarefa (ver imaxe seguinte)
Facendo clic sobre a ligazón á tarefa na páxina principal do curso, o profesor pode acceder ás diferentes traballos enviados polos alumnos para proceder á súa descarga, revisión e avaliación. Terminado este proceso. pode engadir unha cualificación ó traballo e incluso incorporar un comentario de reforzo. É importante saber que o alumno será informado desta revisión a través do correo electrónico.
Na imaxe da dereita podemos ver unha porción da pantalla á que accede o profesor facendo clic no nome dunha tarefa e na que se atopa a ligazón que da acceso á grella de avaliación. |