Últimos artigos
En moitas ocasións existe a tendencia de promocionar contidos á páxina principal para dar publicidade ás últimas publicacións, de xeito que os usuarios que visitan a páxina sexan coñecedores de que houbo actualizacións na mesma.
Trátase dunha acción non aconsellable agás para noticias moi salientables, xa que implica sobrecargar a páxina principal, e que adoita derivar en páxinas moi longas nas que é preciso facer un scroll co rato que resulta moi incómodo para os usuarios (este efecto coñécese como scroll of death), xa que habitualmente non se elimina a promoción dos devanditos contidos á páxina principal unha vez pasado o tempo e a necesidade da promoción.
Como facer para que se vexan nun bloque os últimos contidos publicados na web?
Ir a Inicio » Administrar » Construción do sitio » Módulos
- Activar o módulo Article do grupo Outro. Gardar a configuración.
No bloque de navegación aparecerá o termo Articles e, en Configuración do sitio, Article:
Configurar o módulo en Inicio » Administrar » Configuración do sitio » Article
- Article Vocabularies: Permite escoller os vocabularios (ou taxonomías) dos que se quere amosar os contidos.
- Overview Title: Permite cambiar o título con que aparece no menú navegación, por defecto Articles, a Últimos artigos.
- Index Depth: Define cantos niveis de termos se deben amosar nunha páxina de índice de artigos determinada. Deixar co valor por defecto.
- Categories Title: Título amosado antes da lista de categorías. Pódese cambiar a, por exemplo, Categorías dos artigos.
- En Article Page Settings, comprobar que Recent Articles Box está activado e cambiar o texto de Box Title por Últimos artigos. Tamén se pode configurar o número de artigos a visualizar no bloque. Neste caso deixamos 5.
- Gardar a configuración.
Ir a Inicio » Administrar » Construción do sitio » Bloques.
- Buscar na sección de desactivados o bloque Latest Articles:
- En configurar, pódese cambiar o nome por Últimos artigos en Título do bloque.
- Colocar na zona visible desexada como calquera outro bloque (por exemplo, no tema 0-Point, en Top content, barra lateral dereita...).
- Gardar a configuración dos bloques.
Última modificación: venres, 2 de decembro de 2022, 8:28 PM