Antes de nada é preciso dispoñer dos datos de acceso á aula virtual con permisos de administración. No caso de non dispoñer destes datos debedes consultar esta documentación. De non ser quen de acceder con esas instrucións debedes escribir a websdinamicas@edu.xunta.gal

Tarefas recomendadas:

1. Revisar a organización da aula virtual en categorías.
2. Dar de alta o novo profesorado.
3. Preparación dos cursos da aula virtual.

De cara ao comezo do novo curso escolar cun novo alumnado non se recomenda a replicación dos cursos Moodle conservando toda a información do ano pasado nun curso e traballando a partir de agora nun novo curso senón que se recomenda a reutilización dos mesmos cursos gardando a información do ano pasado, de ser necesario, nunha copia de seguridade. O espazo de almacenamento é limitado e debemos optimizalo.

  • Copia da información do ano pasado. No caso de querer conservar unha copia de cada curso con toda a información relativa á participación do alumnado deberase facer unha copia de seguridade de cada curso seguindo a seguinte documentación: Como facer unha copia de seguridade dun curso.
  • Limpar os cursos da información do ano pasado. Para baleirar os cursos da información relativa á participación do alumnado do ano pasado e así comenzar de novo co novo alumnado, cada profesor/a debe seguir esta documentación: Como restablecer un curso.
  • Creación de novos cursos, de ser necesario. No caso de precisar da creación de novos cursos, seguimos estas indicacións. Temos dúas opcións:
    • O administrador crea os cursos:
      1. Crear os cursos correspondentes a cada categoria por materia/grupo. Para a mesma materia en dous grupos do mesmo nivel, p.e. Lingua Galega 1º ESO grupos A e B, basta cun único curso "Lingua Galega 1º ESO" se imparte o mesmo profe en ambos grupos ou incluso sendo distintos profes que queren compartir o mesmo material.
      2. Matricular co rol de Profesor/a en cada curso ao profesor/a ou profesores/as que o vaian impartir.
    • Cada profesor/a crea os seus cursos:
      1. O adminsitrador debe dar ao profesorado o rol de "Creador do curso". Ou ben ao nivel do sistema a todo o profesorado, ou ben ao nivel de cada categoría ao profesorado que terá cursos na categoría. Por simplificación recoméndase facelo ao nivel do sistema. Documentación para o administrador/a: Permitir que o profesorado cree os seus propios cursos.
      2. Cada profesor crea os cursos que precisa nas categorías correspondentes. Neste caso o usuario que crea o curso pasa automaticamente a ter o rol de Profesor/a no curso creado. Documentación: Como crear e configurar un curso.
4. Actualizar os usuarios do alumnado na aula virtual.

Para os centros que nos pasados cursos escolares deron de alta o alumnado mediante o informe AL955 do XADE, neste novo curso non será necesario dar de alta de novo todo o alumnado do centro senón que bastará cunha carga do ficheiro xerado por dito informe para o novo curso. Con el daremos de alta o novo alumnado do centro e actualizaremos o alumnado que permanece, cambiando os datos relativos ao grupo-aula ao que pertencen.

Para actualizar o conxunto de contas de usuario para o alumnado do centro no novo curso seguiremos estes pasos en orde:

Para os centros que nos pasados cursos escolares non o fixeron dese xeito, se desexan facelo este ano, poden seguir estes pasos:

5. Matricular ao alumnado en cada curso.
  • Pode facelo o administrador ou cada profesor/a nos seus cursos. O campo "Departamento" do perfil de cada alumno/a contén un identificador do grupo ao que pertence procedente do XADE que facilita a matriculación.
  • Documentación: Matriculación manual do alumnado nun curso.
6. Actualizar o acceso o/a inspector/a do centro.
  • No caso de que o centro non teña cambiado de Inspector/a, non hai que facer nada xa que vale a configuración do curso pasado.
  • No caso de que o centro teña cambiado de Inspector/a debe facer o seguinte:

Última modificación: mércores, 27 de setembro de 2023, 9:37 AM