Bloque MRBS (Meetting Room Booking System)

O bloque  MRBS (Meeting Room Booking System - Sistema de Reserva de Salas de Reunión) permite reservar espazos e recursos dispoñibles nun centro para o profesorado.

Un administrador debe engadir este bloque na páxina principal aula virtual do centro. Tamén debe configurar os períodos de tempo,  espazos e recursos dos que se queiran xestionar as reservas.

Accións previas por parte dun Administrador.

Para poder empregar esta funcionalidade un administrador da aula virtual debe configurar os seguintes aspectos:

1. Dar permisos aos profesores para que poidan Ver e Crear as reservas empregando esta nova funcionalidade, é dicir, engadir ao profesorados aos Roles: MRBS viewer e MRBS editor.
  • Accedemos á ruta Administración do sitio > Usuarios > Permisos > Asignar roles de sistema.
  • Asignar o rol MRBS editor (1) ao profesorado que poderá facer reservas. Normalmente será todo o profesorado.
  • Se hai usuarios para os que queremos que podan ver as reservas pero que non podan facelas, asignaremos a estes usuarios só o rol MRBS viewer. Isto non será habitual nos centros.
  • Se queremos que un usuario que non é administrador da aula virtual xestione o sistema de reservas, asignarémoslle o rol MRBS administrator.
    Permisos rol
2. Definir os intervalos de tempo: un administrador debe rexistrar os períodos lectivos do centro, empregando a ruta  Administración do sitio > Engadidos > Bloques > MRBS. ( Pódese empregar calquera formato, textos: 1º Hora, 2º Hora, Recreo..., intervalos de tempo; 9:00 a 9:40, ...etc)

Intervalos de tempo


3. Engadir o bloque MRBS á páxina principal da aula virtual. (Débese ter en conta que a reserva de sala é a nivel de Centro e non de grupo).

    • Activar a edición da paxina principal
    • Pulsar "Engadir Bloque" da barra lateral esquerda, e seleccionar MRBS.
4. Dar de alta as aulas e os recursos susceptibles de ser reservados.
  • Acceder ao bloque "Planificación de recursos"
  • Ir ao menu Administrador
Admin de MBS
  • Engadir os espazos (1). Serán os edificios que compoñen o centro.
  • Engadir as aulas ou recursos (2) de cada edificio: Nome, Descrición e Aforo.engadir sala
Proceso de reserva dun espazo ou recurso nun período

Calquera docente pode reservar un espazo ou un recurso dende o bloque "Planificación de recursos".

Primeiro debe seleccionar o espazo onde se atopa a aula ou o recurso a reservar (1); logo o día para reservar no calendario (2). Aparece entón unha táboa cunha columna para cada un dos espazos e unha fila para cada período. Se un periodo está reservado aparecerá o nome do usuario que fixo a reserva, se está libre aparecerá un botón co símbolo

mrbs1

Picando no signo ⊕ (3) dun período da táboa podemos reservar ese período e espazo.

Completamos os datos:

  • Reservado por: Por defect pon o noso username pero podemos cambialo polo noso nome para que sexa máis claro.
  • Descrición (campo obrigatorio): Podemos describir o motivo da reserva, p.e. "Exame con ESO4A".
  • Duración: Se queremos reservar varios períodos seguidos podemos poñer aquí cantos son.
  • Tipo: Class ( lectiva) e Non class ( non lectiva); se seleccionamos externo a reserva marcarase noutra cor simplemente
  • Forzar reserva (só os administradores): podemos seleccionar espazos xa ocupados previamente.
  • Repetición: reserva a sala (ou o recurso), os mesmos (días, horas,…) durante un período determinado.

mrbs2


Cando gardemos os cambios as celas se colorearan en verde (ou vermello) co nome da persoa que realizou a reserva.

Ao pé da táboa cos períodos temos uns enlaces que nos permiten ver o calendario por semana ou por mes para un único recurso ou aula, ou por día para todos os dun espazo (edificio).

Diferentes vistas da axenda
Vista día

mrbs3

Vista semana
vista semana
Vista mes
vista mes


Última modificación: xoves, 31 de marzo de 2022, 10:25 AM