Configuración da opción Permitir a mensaxería en todo o sitio
A versión actual do Moodle no proxecto Webs Dinámicas inclúe unha opción que permite restrinxir o uso do sistema de mensaxería. En Administración do sitio > Mensaxería > Axustes da mensaxería, temos a opción Permitir a mensaxería en todo o sitio, que por defecto non está activa.

Vexamos as distintas posibilidades en función desta opción da configuración:

  • Permitir a mensaxería en todo o sitio: Desactivada.
    • O intercambio de mensaxes só será posible entre contactos e entre participantes dun mesmo curso.
    • Deste xeito un usuario só poderá enviar mensaxes aos usuarios que xa ten entre os seus contactos e aos usuarios cos que participa nun mesmo curso. Polo tanto permite a comunicación entre un profesor/a e os seus alumnos/as en ambos sentidos, e tamén a comunicación entre alumnado que son compañeiros do mesmo curso.
    • Nin sequera os Administradores do sitio nin os Xestores poden enviar mensaxes a outros usuarios.
  • Permitir a mensaxería en todo o sitio: Activada.
    • Ao igual que no caso anterior, permite a comunicación entre usuarios que coinciden nun mesmo curso e tamén entre contactos.
    • A partir disto, xa dependerá de que o usuario teña o permiso moodle/user:viewdetails
      • Os Administradores do sitio e os Xestores teñen por defecto este permiso así que poderán enviar mensaxes a calquera usuario.
      • Este permiso tamén está concedido por defecto nos roles de Profesor, Profesor sen permisos de Edición, e Alumno. Pero como estes roles aplícanse no contexto dos cursos, a comunicación só será posible entre participantes do mesmo curso, o que diciamos ao principio.

Ademais do anterior, cada usuario ten tres opcións de configuración na súa mensaxería. Ás que pode chegar por dous camiños:

  • Menú de usuario > Preferencias > Conta de usuario > Preferencias de mensaxe.
  • Botón da mensaxería > Roda dentada á dereita do campo de búsca.

Preferencias de mensaxe
  • So os meus contactos.
    • Quen me queira escribir deberá primeiro enviarme unha solicitude de contacto que poderei aceptar ou rexeitar.
    • Administradores e xestores non precisan enviar solicitude de contacto, sempre poden escribir (con Permitir a mensaxería en todo o sitio = Activada)
    • Se un usuario quere responder a un administrador ou a un xestor que lle enviou unha mensaxe, deberalle enviar unha solicitude de contacto.
    • Os meus profes non necesitan enviarme unha solicitude de contacto.
    • Os meus compañeiros de curso (alumnos) deben enviarme unha solicitude de contacto.
    • Os meus alumnos deben enviarme unha solicitude de contacto.
  • Os meus contactos e calquera nos meus cursos.
    • Os meus compañeiros de curso (alumnos) e o meu profe poden escribirme sen enviarme unha solicitude de contacto.
    • Os meus alumnos poden escribirme sen enviarme unha solicitude de contacto.
  • Calquera no sitio (so dispoñible con Permitir a mensaxería en todo o sitio = Activada)
    • Ninguén precisa enviarme unha solicitude de contacto para enviarme unha mensaxe.
    • Esta opción nos perfís de Administradores e Xestores permite a resposta por parte de outros usuarios




Última modificación: lunes, 8 de noviembre de 2021, 11:54