Modelos de analítica
Moodle incorpora un conxunto de modelos análiticos que periodicamente analizan o que ocurre na aula virtual e cando se dan certas condicións envía notificacións aos usuarios. Podemos velos en Administración do sitio > Analítica > Analytic models.
Se non desexamos recibir ditas notificacións, temos dúas opcións:
- Desactivar as notificacións a nivel de usuario.
- Desactivar os modelos que xeran as notificacións.
Imos ver a continuación como facelo.
Desactivar as notificacións a nivel de usuario.
Se un usuario en particular non quere recibir este tipo de notificacións, pode desactivalas na configuración do seu perfil seguindo estes pasos:
|
|
---|
- Desactivar as notificacións por correo das "Estimacións xeradas polos modelos de predición"
- Premer nos dous cadrados verdes das notificacións por correo.
- Una vez desactivadas aparecerán os catro cadrados en vermello.
Desactivar os modelos que xeran as notificacións.
Se no centro se decide que non se desexa dispoñer da información proporcionada por algún destes modelos, é posible desactivar aqueles que non interesen seguindo estes pasos:
- Un usuario administrador do sitio debe ir á ruta: Administración do sitio > Analítica > Analytic models.
- Localizar o modelo a desactivar.
- Desplegar o menú de Accións do modelo particular e premer en Desactivar.
- Agora o modelo aparecerá desactivado (Enabled = Non)
Última modificación: luns, 8 de novembro de 2021, 11:59 AM