Co fin de evitar que o alumnado agache a súa identidade modificando datos do seu perfil, recoméndase bloquear os campos de: Nome de pila, Apelidos, Departamento. Se o alumnado modificara o seu nome ou apelidos podería enganar a outros membros da aula virtual, por exemplo, pola mensaxería; se modificara o campo Departamento podería confundir ao profesorado no proceso de matriculación nos cursos.

O campo de perfil Grupo, que contén o mesmo valor que o campo Departamento, xa foi creado de xeito bloqueado polo que no hai que facerlle nada.

Os administradores do sitio, e os usuarios co rol de xestor no contexto do sistema sempre poderán editar o perfil dos usuarios para modificar algún desdes campos.

O bloqueo destes campos hai que facelo sobre o sistema de autenticación utilizado para dar de alta ao alumnado. Se os temos dado de alta, ou imos facelo, mediante a carga do ficheiro CSV do informe AL955 do XADE, o alumnado estará no método de autenticación de "Contas manuais".

Esta configuración tamén afectará ao profesorado cuxa conta fose dada de alta de xeito manual por un administrador.

O administrador da aula virtual debe seguir estes pasos:

  • Ir a Administración do sitio > Engadidos > Autenticación > Contas manuais
  • Elixir a opción "Bloqueado" nos campos: Nome, Apelido, Departamento

Bloquear campos

...

Bloquear campos


  • Podemos bloquear máis campos que non queiramos que os usuarios podan utilizar.
  • Gardar os cambios.

Gardar os cambios

Última modificación: miércoles, 6 de octubre de 2021, 21:27