Obter, preparar e revisar o informe AL955 do XADE
Obtención do informe "AL955 - Datos webs dinámicas"
- Unicamente os cargos de director/a e secretario/a do centro teñen permisos para obter este informe.
- No XADE dirixirse a Informes > Informes predefinidos.
- Seleccionar o informe "AL955-Datos webs dinámicas".
- Premer no botón "Obter informe".
- Ir ao buzón de informes e descargar o ficheiro.
- Descargarase un ficheiro de nome "getal955_datoswebsdinamicas.csv"
Preparar o ficheiro CSV para a súa carga na aula virtual.
- O XADE xera un ficheiro en formato CSV de nome getal955_datoswebsdinamicas.csv
- Recoméndase o uso da aplicación Libre Office Calc para o manexo desde ficheiro.
- Abrimos o ficheiro getal955_datoswebsdinamicas.csv desde a aplicación de folla de cálculo elixinto os parámetros axeitados para a súa correcta importación.
- O ficheiro está xerado coa codificación UTF-8.
- Os campos de datos están separados polo carácter punto e coma (;).
- As cadenas de caracteres están delimitadas por comiñas dobres (").
- Comprobamos que cada dato aparece por separado nunha columna.
- Comprobamos que nas columnas de nome (firstname) e apelidos (lastname) vense correctamente eñes e tildes.
- Prememos no botón Aceptar.
- Unha vez aberto o ficheiro é necesario gardalo con outro nome antes de poder cargalo na aula virtual.
- Isto é debido a que o ficheiro contén un punto e coma de máis ao final de cada liña.
- Ao gardalo de novo en formato CSV, vaise eliminar ese carácter sobrante.
- Recoméndase darlle un nome significativo do seu contido e en que data se obtivo (por exemplo: alumnado_2021-22_20210913.csv)
- Poñemos o nome, eliximos o formto CSV e gardamos.
- Confirmamos que o queremos gardar en formato CSV
Revisión dos datos do ficheiro.
- Este ficheiro CSV contén as seguintes 8 columnas de datos
- username. Composto do nome e apelidos do alumno/a
- Debe ser único na aula virtual de cada centro. É a chave de busca para os procesos de actualización.
- Todo en minúsculas e sen espazos en branco.
- As vogais con tilde ou con diérese cámbianse pola vogal sen ela.
- As ñ cámbianse por n.
- Entre o nome es os apelidos vai un punto.
- Os nomes de pila compostos levarán un punto de separación. P.e. "Juan Antonio Perez de la Fuente" será juan.antonio.perezdelafuente
- password
- Ten o valor changeme para todos os usuarios.
- Con ese valor, os usuarios terán que mudalo no primeiro inicio de sesión na aula virtual.
- Se desde o centro considérase que non é axeitado poñer o mesmo contrasinal para todos, pode cambialo por outro valor aleatorio ou facelo igual ao nome de usuario. No caso de cambiar o valor orixinal, para que o alumnado deba mudar o seu contrasinal no primeiro inicio de sesión, é necesario que na configuración do proceso de carga se elixa a opción "Forzar o cambio de contrasinal" como "Todo".
- firstname. Contén o nome de pila.
- lastname. Contén os apelidos
- Para o alumnado maior de 14 anos ou que cumpra os 14 anos no presente ano natural, incorporará o correo electrónico que teña na súa ficha do XADE (Datos xerais/Persoais/Correo elect).
- Os que non cumpran este criterio de idade ou non teñan un correo electrónico na ficha do XADE irán co correo nonresponder@edu.xunta.gal
- city. Contén o concello do centro educativo
- department
- Código nemotéctino composto pola etapa o nivel e o grupo-aula
- Etapas: inf, pri, eso, bach, etc.
- Niveis: 1, 2, 3, etc.
- Grupo-Aula: a, b, c, etc.
- Facilita a selección do alumnado dun grupo-aula para procesos como por exemplo a matriculación nos cursos.
- profile_field_grupo
- Contén o mesmo que o campo departament
- Facilita a búsqueda do alumnado para procesos masivos como por exemplo para dalos de baixa na aula virtual.
- Como comprobar que non hai nomes de usuario repetidos
- Se no centro coindicen dous alumnos co mesmo nome e apelidos, o seu nome de usuario será igual.
- Neste caso ao cargar o segundo deles, en vez de darse de alta un novo usuario, o que se vai facer e actualizar o primeiro cos datos do segundo.
- Para comprobar se se nos da este caso podemos facer do seguinte xeito:
- Ordeamos os datos do ficheiro pola columna username en orde ascendente.
- Menú Datos > Ordenar...
- Na solapa Opcións marcamos "O intervalo contén etiquetas de columnas"
- Na solapa Criterios de ordenación: Clave de ordenación 1 = username, Ascendente.
- Aceptar.
- Na celda I2 (a segunda fila da primeira columna baleira) escribimos a fórmula =(A2=A1)
- Copiamos a celda I2 e a pegamos en todas as de debaixo ata a última fila de datos
- Se algún nome de usuario é igual que o anterior, aparecerá co valor VERDADEIRO na columna I
- Para desfacer a coincidencia podemos por exemplo engadir un número ao username dun dos dous usuarios.
- Eliminamos a columna I
- Voltamos a ordenar o ficheiro polo campo department
- O gardamos de novo en formato CSV.
Última modificación: mércores, 6 de outubro de 2021, 9:27 PM