Este proceso baséase nos valores do campo Grupo do perfil dos usuarios, polo que só será válido para o alumnado que no seu día foi dado de alta mediante a carga do ficheiro de datos do informe AL955 do XADE.

O alumnado dado de alta mediante o informe AL955 do XADE ten un identificador do grupo no que está matriculado no campo Grupo do seu perfil. Os valores deste campo compóñense como ETAPA (inf, pri, eso, bacha, etc)+NIVEL+GRUPO, por exemplo: inf6a, pri6b, eso4c, bacha2a

Esta tarefa debe facerse sobre os datos do curso rematado, é dicir, antes de actualizar os perfís do alumnado co informe AL955 dun novo curso escolar.

O proceso consiste en seleccionar os usuarios que pertencen aos grupos do nivel superior dos que se imparten no centro, xa que son os que a priori abandonarían o centro:

  • Nas EEI serían os grupo inf6*
  • Nos CEIP ou CEP serían os grupos pri6*
  • Nos CPI serían os grupos eso4*
  • Nos IES serían os grupos eso4* ou os grupos bacha2*

Dar de baixa un alumno ou alumna da aula virtual implica a perda de todos os datos das operacións realizados por este na mesma. Se vostede considera que debe salvagardar algún contido dun curso (como traballos ou probas avaliables...) lembre que debe facelo antes do borrado dos usuarios. Pode empregar para elo a funcionalidade de copia de seguridade do curso escollendo a opción de incluír na mesma os datos dos usuarios e gardando nun almacenamento axeitado o arquivo de salvagarda.

Os pasos a seguir como administradores da aula virtual son os seguintes:

  • Ir a Administración do sitio > Usuarios > Contas > Accións masivas de usuario
  • No apartado Filtro Novo, premer en Amosar máis... para ver todos os criterios de filtrado

Novo filtro...

  • Recoméndase levar a cabo este proceso para cada un dos grupos por separado, por dous motivos:
    • Manexando menos usuarios de cada vez reducimos as posibilidades de confusión.

    • O borrado de usuarios leva tempo. Se este borrado tarda demasiado tempo, o navegador non agarda a resposta e queda como se o proceso non dera rematado con éxito. O proceso continúa e rematará pero o navegador non amosará o resultado. De ocorrer isto podemos verificar que os usuarios foron efectivamente eliminados buscándoos de novo. Se seguen aparecendo esperaríamos un pouco máis.

    Establecemos o filtro por un dos grupos que queremos buscar
    • En Campos de perfil de usuario eliximos o campo  Grupo, o operador "é igual a" e escribimos o identificador do grupo que queremos buscar, p.e. pri6a
    • Podemos consultar os identificadores dos grupos no ficheiro do informe AL955 que se utilizou o curso pasado para dar de alta ao alumnado.
    • Se por exemplo tivéramos dous grupos de 6º de Primaria (pri6a, pri6b) e quixéramos eliminalos todos xuntos utilizaríamos o operador "comeza con" e o valor pri6
    • Establecido o criterio de busca prememos no boton Engadir Filtro

Filtro polo campo Grupo

Botón Engadir filtro

  • Agora veremos os usuarios filtrados
    • Veremos dúas listas: a da esquerda ten os usuarios que cumpren co criterio de busca; a da dereita conterá os usuarios sobre os que logo executaremos o borrado.
    • Podemos comprobar que o número de usuarios atopados (17) coindice co esperado.

Usuarios filtrados

Os nomes que se ven nas capturas desta páxina son ficticios. Calquera coindicencia coa realidade é casualidade.

    • Prememos no botón Engadir todo para pasar todos estes usuarios para á lista da dereita.
Usuarios selecionados
  • Eliminamos da selección aqueles usuarios que non queiramos eliminar
    • Pode ser por exemplo porque repitan curso e polo tanto permanezan no centro.
    • Marcámolos sobre a lista da dereira (pulsar a tecla de Control para marcar varios xuntos).
Retirar usuarios
    • E prememos sobre o botón Retirar da selección.

Usuarios retirados

  • Executamos a acción de eliminar estes usuarios
    • Comprobamos que os usuarios da lista da dereita son os que queremos eliminar.
    • Seleccionamos a acción Eliminar e prememos no botón Ir a
Eliminar
    • Moodle pídenos que confirmemos que queremos eliminar eses usuarios. Se é todo correcto prememos no botón Si

Confirmar borrado

  • Moodle indícanos que gardou os cambios. Prememos en Continuar.

Cambios gardados

Eliminación de outro alumnado que abandona o centro.

Para o caso de ter alumnado que abandona o centro antes de acadar o nivel máis alto dos que se imparten no centro, recoméndase eliminar este alumnado un por un desde a pantalla de Administración do sitio > Usuarios > Contas > Examinar a lista de usuarios.

Nesa pantalla poderemos facer unha busca por nome e apelidos para localizalo e eliminalo.

Vexamos un exemplo. Supoñamos que queremos eliminar o usuario da alumna "Ana Belén Bueno Gutierrez" de 4ºA de Primaria (son datos ficticios).

  • Buscamos o usuario por nome e apelidos
    • Escribimos o nome e apelidos (esta busca é insensible a maiúsculas, acentos e eñes)
    • Prememos no botón Engadir filtro

Buscar por nome e apelidos

  • Localizamos e eliminamos o usuario o usuario.
    • Podemos premer sobre o seu nome para ver o seu perfil.
    • Prememos sobre o botón do Cubo do lixo á súa dereita.

Eliminar usuario

  • Confirmamos o borrado
Confirmar borrado
Última modificación: xoves, 16 de setembro de 2021, 11:33 PM