Nesta páxina descríbese a pantalla para o restablecemento dun curso Moodle.

Utilizaremos esta función ao inicio dun novo curso escolar cando imos utilizar o mesmo curso Moodle pero con outro alumnado, é dicir, cando imos impartir a mesma materia no mesmo nivel pero co novo alumnado. Para o caso dun titor ou titora de Primaria que avanza de curso cos mesmos alumnos/as, sería máis recomendable crear un novo curso (por materia) para o novo nivel.

Esta tarefa faise desde dentro do curso que se quere limpar por un usuario co rol de Profesor/a no curso ou por un usuario que sexa administrador do sitio ou xestor.

Veremos en primeiro lugar as opcións básicas necesarias para o inicio dun novo curso escolar e logo outras opcións avanzadas.

  • Ir a opción Restablecer do menú de administración do curso.

Restablecer

Restablecemento do curso para o comezo dun novo curso escolar.

Opcións básicas necesarias para o inicio dun novo curso escolar.

  • Sección Xeral
    • Podemos marcar as opción de activar as datas de inicio e fin do curso

    • Podemos marcar a opción para eliminar os eventos do calendario asociados ao curso.

    • Podemos marcar a opción para eliminar os comentarios do curso.

Xeral
  • Sección Roles
    • Nesta sección marcaremos o rol Alumno co fin de desmatricular a todo o alumnado do curso.
    • Esta acción vai implicar que se eliminen todos os datos relativos á participación do alumnado no curso: envíos de tarefas, respostas a probas, cualificacións, etc.
    • Non se eliminan as entradas nos foros creadas polo alumnado

Roles

  • Sección Libro de cualificacións
    • Non marcaremos ningunha opción co fin de que non se eliminen nin as categorías de cualificación nin os elementos de cualificación manual.

Libro de cualificacións

  • Sección Foros
    • Marcamos esta opción para eliminar os temas e entradas de foros do alumnado e tamén do profesorado.

Foros


  • Marcadas as opcións necesarias prememos no botón "Restablecer o curso"

Botón restablecer

  • Moodle vainos amosar un resumo das accións a levar a cabo.
    • Podemos verificar o número de usuarios a desmatricular.
    • Prememos en continuar.

Resumo

Moodle executa estas accións e devólvenos á paxina do curso. O restablecemento do curso está feito!


Outras opcións para o restablecemento dun curso.

Ademais de utilizar este formulario para o restablecemento dun curso de cara ao inicio dun novo curso escolar, tamén o podemos utilizar puntualmente para o restablecemento de certas partes da información asociada.

As seccións deste formulario variarán en función dos tipos de actividades que teñamos incluidos no curso. A continuación describimos algunhas das máis comúns.

(ESTA PARTE DA DOCUMENTACIÓN ESTÁ SEN COMPLETAR)
Última modificación: mércores, 6 de outubro de 2021, 9:28 PM