Ao longo dunha xuntanza o profesor pode ter interese en recoller opinións ou respostas de maneira informal dos seus alumnos. Resulta pouco práctico facelo oralmente dado que a concurrencia de moitos participantes falando simultaneamente adoita ser inaudible. É aconsellable, ademáis, que os espectadores manteñan os seus micros pechados en tanto non precisen falar.

Por eses motivos, BBB conta cunha ferramenta denominada enquisa que permite obter as respostas dos participantes de xeito rápido, sinxelo e sen activar o son.

A configuración da enquisa non permite establecer a pregunta que se quere facer, polo que debemos facela previamente ou ben de xeito oral ou ben visualizala desde a presentación activa da videoconferencia ou desde a pantalla ou ventá compartida. Os alumnos recibirán nas súas pantallas un aviso para respostar segundo as opcións de resposta configuradas na enquisa.

Iniciamos a enquisa pulsando o botón de accións e alí a opción " Iniciar unha enquisa".Botón de accións

Crear enquisa


Automáticamente, no panel secundario, á dereita do menú de usuarios, se desprega a información da enquisa. Por defecto existen 6 tipos de resposta preconfigurados:

  • Si/non
  • Verdadeiro/Falso
  • Selección múltiple A/B.../E

Panel de enquisa

Escollemos a opción que se adapta á nosa consulta e automáticamente tódolos espectadores reciben a solicitude para escoller a opción de resposta.

Escoller opcións

O profesor pode observar en tempo real as respostas totalizadas segundo as opcións pero tamén a de cada un dos participantes. Atención: A enquisa non é anónima dado que o profesor coñece as respostas de cada alumno.

Resultados en tempo real

O profesor pode decidir "Publicar os resultados da enquisa" co que quedará visible aos espectadores unha taboa co número e as porcentaxes das distintas opcións. Os espectadores non poderán ver as respostas individuais.

Algúns exemplos de uso poden ser para consultar unha data de exame, o para facer exercicios de escolla múltiple de xeito dinámico como parte da sesión de clase.

Existe a posibilidade de facer unha "Enquisa personalizada" na que se poden definir ata un máximo de cinco opcións de texto segundo o seu parecer.

Enquisa personalizada

Os alumnos reciben a petición para respostar segundo as opcións que se definiron:

Resposta personalizada


Last modified: Wednesday, 14 April 2021, 6:04 PM