Durante a xuntanza os usuarios poden compartir a pantalla do seu ordenador ou a ventá dalgún programa que teña aberto. Esta opción resulta moi útil para poder amosar procesos de traballo no ordenador, para amosar contidos interactivos, na internet ou aplicativos específicos.

Botón de compartir pantalla

Cando o usuario decida compartir parte do seu ordenador debe ter en conta que vai ser visible para todos os participantes. Recoméndase ter pechados todos os programas que non teña previsto utilizar na xuntanza. No navegador ou navegadores recoméndase pechar todas as lapelas que non teñamos previsto empregar. Teña especial coidado de non amosar inadvertidamente correos electrónicos, enderezos, contrasinais, arquivos no seu disco duro, ou calquera outra información que non queira difundir.

Do grupo de botóns centrais inferiores, o dereito permite activar ou desactivar a pantalla compartida. Cando está en modo trasparente a pantalla non se comparte e a icona aparece riscada. Cando está en cor azul claro estamos a compartir a pantalla.

No momento de pulsar o botón de compartir pantalla, temos que  dar permisos ao navegador para que o faga. Normalmente o navegador abrirá un cadro de diálogo para solicitar ese permiso. Atención: se non se concede ese permiso correctamente non será posible emitir a imaxe da nosa pàntalla na xuntanza. Posteriormente pódese conceder ou bloquear de novo dende as iconas situadas á esquerda da barra de enderezos do navegador.

Compartir pantalla

É preciso indicar ao navegador se imos compartir toda a pantalla (ou pantallas) ou algunha aplicación concreta das que estean abertas. Seleccionámola no menú despregable e ao facelo amósanos unha mostra do que se vai compartir. Decidimos cal é a que queremos amosar e finalmente pulsamos en "Permitir"

Selección de ventana


A partires dese momento a ventá (ou pantalla) seleccionada será visible para o resto de participantes. Se ao longo da xuntanza queremos amosar unha ventá distinta será preciso deixar de compartir a actual e iniciar o proceso de novo.

Pantalla y cámara compartidas


Last modified: Wednesday, 14 April 2021, 7:37 PM