Durante a xuntanza os usuarios poden compartir a súa cámara web. O moderador (normalmente o profesor) pode limitar o uso desta funcionalidade por parte dos espectadores mediante a activación do bloqueo de espectadores no menú de usuarios. Tamén pode limitar que os espectadores (os alumnos) vexan a imaxe das cámaras dos demáis compañeiros se así o considera.

Cando o usuario decida activar a súa cámara debe ter en conta que vai ser visible non so a súa imaxe senon calquera persoa ou elemento que se sitúe no campo daquela. É moi recomendable revisar que non exista ningún elemento ou persoa que non queramos expoñer.

Unha vez feito isto procedemos a activar o uso da cámara. Do grupo de tres botóns centrais inferiores, o central permite activar ou desactivar o uso da cámara. Cando está en modo transparente a cámara non se comparte e a icona representa unha cámara riscada. Cando está en cor azul claro estamos a compartir a cámara.

Botón de compartir cámara

No momento de pulsar o botón de compartir cámara, temos que dar permisos ao navegador para que o faga. Normalmente o navegador abrirá un cadro de diálogo para solicitar ese permiso. Atención: se non se concede ese permiso correctamente non será posible emitir a imaxe da cámara na nosa xuntanza. Posteriormente pódese conceder ou bloquear de novo dende as iconas situadas á esquerda da barra de enderezos do navegador. A continuación vemos como se ve en Mozilla Firefox:

Permisos cámara 1

No caso de dispor no ordenador de mais dunha cámara, escolleremos a que vaiamos compartir. Pulsamos "Permitir" e continuamos no cadro de "Axustes de cámara web". Visualizamos o plano que se vai compartir na nosa cámara e podemos escoller o modo de calidade da imaxe. A calidade alta implica maior tráfico de datos polo que esixe un maior largo de banda dispoñible, non só no emisor senon tamen nos espectarores. Normalmente descoñecemos a calidade da conexión de todos eles polo que se recomenda manter unha opción conservadora con calidade baixa. Esta opción é suficiente para a maior parte dos casos.

Opcións de cámara

Pulsando "Comezar a comartir" pasaremos a ver a nosa imaxe no escritorio da xuntanza. Se estamos a usar tamén a compartición de pantalla ou presentación a nosa imaxe aparecerá en pequeno na zona superior. Podemos pasala a pantalla completa mediante a icona da esquina superior dereita da imaxe.

Escritorio con webcam

Tanto a posición como o tamaño de visualización pode ser escollido polo usuario. Basta usar o rato para escoller e arrastralo á posición que desexemos dentro do espazo principal da xuntanza ou situar o cursor no borde da imaxe para que aparezan os tiradores que permiten redimensionala.

Esa posición e tamaño afecta á nosa visualización e non á que reciben o resto de usuarios.


Última modificación: mércores, 14 de abril de 2021, 5:47 PM