Uso dunha xuntanza BBB: Os usuarios
Nunha xuntanza participan distintos usuarios. Cada un deles está representado por unha icona de cor distinta que pode ser cadrada ou circular e que ten no centro unha abreviatura do seu nome. Á dereita da icona aparece o nome do usuario. Unha
pequena icona na esquina inferior dereita de cada usuario indica o seu
estado de son, que pode ser micro activado (micro verde), micro
desactivado (micro bermello riscado) ou so escoitar (auriculares
verdes).
Moderador e presentador:
O control da xuntanza o exerce o "moderador" e a presentación a fai , naturalmente o "presentador". Ambos papéis recaen inicialmente sobre o profesor aínda que pode delegar esa función noutros participantes.
O papel de presentador indícase cun pequeno encerado debuxado na esquina superior esquerda da icona do usuario que o exerce. Será o encargado de expoñer ao resto de participantes a través da presentación central e terá control sobre ela podendo anotar, escribir e debuxar enriba. Ten a opción de activar o modo de multiusuario do encerado permitindo a todos ou varios dos outros participantes editalo simultaneamente. Nese caso, un cartel indicará a quen corresponde cada un dos cursores que editan o contido do encerado.
O moderador distínguese porque a súa icona é cadrada.
Na imaxe que aparece a continuación o usuario webmaster ten os dous papeis de moderador e presentador.
Pode haber varios moderadores simultaneamente pero so un único presentador.
O "moderador" pode
configurar o que os demáis participantes poden facer. Unha vez iniciada a videoconferencia, picando na roda dentada no panel
lateral de usuarios, será quen de escoller distintas accións de control
sobre estes.
As distintas opcións deste menú son:
- Limpar todas as iconas de estado: Elimina
as iconas que cada participante teña establecido para amosar o seu
estado (iconas que sustitúen as iniciais que representan ao usuario, na
imaxe do fondo unha man e unha cara).
- Desactivar o son dos usuarios: Fai que todos os usuarios queden en silencio.
- Desactivar o son a todos agás o presentador: Deixa ao presentador (que pode ser distinto do profesor) activado pero silencia aos demáis.
- No caso de ter escollido unha das dúas opcións anteriores a opción dispoñible será a de "Devolver o son á xuntanza" para revertir o efecto.
- Gardar os nomes dos participantes: Se descarga un arquivo de texto cos nomes dos participantes na sesión o que pode servir, por exemplo, como comprobante de asistencia.
- Bloquear espectadores: Abre un menú (según a imaxe máis abaixo) con opcións específicas que se poden restrinxir para os espectadores (uso da cámara, conversas, micro, etc...)
- Crear salas parciais: Define outras salas nas que asignar conxuntos dos usuarios presentes para debates en grupos.
- Escribir lendas: As lendas están destinadas en principio para a posta en distintas linguas de informacións, traduccións etc. Cada lenda corresponde a unha lingua distinta. Dado que habitualmente todos os usuarios empregarán a mesma lingua para recibir a conferencia e as súas comunicacións pode utilizarse para abrir diversas canles dentro da mesma conferencia nas que presentar información aos alumnos.
Pode resultar de interese bloquear a función "Ver a cámara web doutros espectadores", co que o alumnado vería só ao profesor/as pero non aos compañeiros. isto podería ser útil por unha banda para reducir o tráfico de datos de vídeo mellorando así o funcionamento da videoconferencia, e por outro para reducir a interacción entre o alumnado do curso o que pode axudar nun momendo dado a manter a orde na aula.
Cando o moderador fai clic sobre un usuario aparece un menú coas opcións que pode executar sobre el.
As opcións son:
- Iniciar Conversa privada: Abre unha conversa na que participan o usuario seleccionado e o moderador (neste caso).
- Limpar estado: Elimina do usuario a icona de estado que aparece no centro da súa icona persoal (na imaxe anterior vese unha cara e unha man en dous dos usuarios).
- Promover a presentador: Convirte ao usuario seleccionado en presentador e pode falar e manexar o documento de presentación. Esta acción pódese desfacer dende o menú de accións "+"
- Promover a moderador: Convirte ao usuario seleccionado en moderador co que pasa a ter tódolos privilexios. Esta acción pode desfacerse relegando ao usuario ao papel de espectador pero hai que ter en conta que se nos relegá a nós a espectadores e quedaremos sen privilexios dentro da xuntanza perdendo o control da mesma.
Espectadores
O resto de participantes teñen o papel de espectadores. Poden escoitar ao presentador e visualizar a presentación. Tamén poden falar, escribir nas conversas privadas e públicas e tamén nas notas públicas, sempre que o moderador non lle teña bloqueadas estas funcións.
Os espectadores, como calquera usuario, poden establecer tamén o seu estado para manifestar o seu parecer o para levantar a man e pedir participar.