Uso dunha xuntanza BBB: Atallos de teclado
Existen combinacións de teclas que dan acceso rápido e directo ás distintas funcionalidades de BBB. O listado destes atallos está accesible a través da icona con tres puntos no recuncho superior dereito (Opcións).
Atención! Compre ter en conta que dependendo da configuración do ordenador e do navegador algúns destes atallos poden non funcionar ou poden levar a accións xa establecidas naqueles. É habitual que os atallos que comezan por "Alt+" se empreguen para acceso a distintas opcións de menú polo que posiblemente non se poidan empregar para o uso da xuntanza.
Atallo | Función | |
---|---|---|
Alt + Shift+ O | Abrir ou pechar menú de opcións | |
Alt + Shift+ U | Amosar/agochar o panel lateral de usuarios | |
Alt + Shift+ M | Silenciar / Activar audio | |
Alt + Shift+ J | Unirse ao audio | |
Alt + Shift+ L | Abandonar o audio | |
Alt + Shift+ P | Alternar conversa pública (a lista de usuarios debe estar aberta) | |
Alt + Shift+ H | Ocultar conversa privada | |
Alt + Shift+ G | Pechar conversa privada | |
Alt + Shift+ A | Abrir menú de accións | |
Espacio | Abrir caixa de ferramentas (Presentador) | |
Frecha dereita | Seguintee diapositiva (Presentador) | |
Frecha esquerda | Anterior diapositiva (Presentador) |
Última modificación: venres, 9 de abril de 2021, 1:01 PM