O novo tema Boost
O tema Boost é o tema por defecto de Moodle a partires da versión 3.2. Este tema trata de eliminar os bloques clásicos dos outros temas mediante un novo sistema de menús, coas finalidades principais de aproveitar mellor o espazo na pantalla e de adaptarse mellor aos dispositivos móbiles.
Nesta páxina describimos ás súas características principais e algúns dos menús que cambian respecto dos temas clásicos.
1. APARENCIA
A aula virtual co tema Boost presenta a seguinte aparencia no navegador web dun computador e nun dispositivo móbil:
2. O MENÚ DE NAVEGACIÓN
O menú de xestión do curso aparece na marxe esquerda da pantalla cando se desprega ao pinchar no botón hamburguesa. No caso de estar despregado ao facer un clic novamente na icona péchase automaticamente.
3. ELEMENTOS DO MENÚ DE NAVEGACIÓN
Elemento 1. Nome curto do curso.
Podemos modificalo premendo en "Editar a configuración". Ao contrario do nome completo do curso, o nome curto non se pode repetir en toda a aula. Por exemplo, poden existir dous cursos con nome completo "matemáticas", que pertencen a dúas categorías diferentes, como pode ser "quinto curso" e "sexto curso", sen embargo o seu nome curso ten que ser forzosamente diferente.
Elemento 2. Participantes
Na fiestra que se desprega ao pinchar en Participantes o docente pode listar os profesores e estudantes matriculados no curso. Ademais o profesor pode matricular a novos usuarios, tanto co rol de profesor con edición como co rol estudante.
Elemento 3. As insignias
As insignias son premios os medallas dixitais que un profesor pode conceder aos seus alumnos cando cumpren unha serie de requisitos, condicións ou metas relacionadas coa súa actividade e progreso na materia. As distincións que van acadando os estudantes, concedidas polo profesor ou de maneira automática cada un alumno acade unha determinada meta previamente configurada, amósanse no seu perfil
Elemento 4. Competencias
A versión 3.5 permite a avaliación por competencias. Neste apartado engádense as competencias do curso.
Elemento 5. Cualificacións
Pinchando neste elemento, o docente pode configurar a avaliación e inserir posteriormente a cualificación do alumnado.
Elemento 6. O panel de control
Ao pinchar neste elemento abrirase o panel de control do usuario onde pode visualizar os cursos nos que está matriculado e tamén o cronograma, mediante o cal pode comprobar as actividades pendentes de entrega.
Elemento 7. Inicio do sitio
Ao pinchar en Inicio do sitio, o Moodle abrirá a páxina principal da aula virtual. A súa vez, os contidos que se amosan nesta páxina, pódeos seleccionar un usuario co rol de Administrador (Administración do sitio > Configuración da páxina de portada). Por exemplo se o usuario administrador ten configurada a visualización de "Lista combinada" no apartado Elementos da páxina de portada ao acceder, un usuario co rol de estudante de primaria podería obter a seguinte visualización.
Elemento 8. O calendario
O bloque calendario constitúe un elemento visual moi interesante para o alumnado, xa que facilita a organización dos tempos á hora de preparar probas ou entregar prácticas e traballos. En ocasións, os pais dos alumnos agradecen moito contar cun espazo onde queden claras as datas de exames, traballos e os posibles requisitos dos mesmos.
Premendo en Nova actividade pódense crear eventos, que posteriormente quedarán reflectidos no calendario da aula.
Os usuarios visualizan o calendario na marxe dereita e nel quedan reflecticas as tarefas e eventos da aula.
Elemento 9. Ficheiros privados
Tanto os docentes, como estudantes teñen a súa disposición un espazo para o almacenamento de ficheiros.
Elemento 10. Os meus cursos
Este elemento está formado pola lista de cursos nos que está matriculado o usuario (tanto estudantes como profesores). Un alumno de sexto de primaria podería visualizar o menú do seguinte xeito:
4. A RODA DENTADA. FUNCIONALIDADES
Como observamos no apartado anterior, o tema Boost non amosa o menú de Administración do curso no menú de navegación nin coma un bloque no lateral, senón que aparecen as súas utilidades ao pinchar no engranaxe colocado na parte superior e á dereita.
Elemento 1. Editar a configuración.
Nesta fiestra configúranse as opcións básicas do curso: nomes, fechas, formato, grupos, etc
Elemento 2. Activar a edición.
Premerase esta opción para editar so contidos do curso, é dicir, para darlle un orde, para ocultalos e amosalos ou tamén para engadir actividades e recursos. Cando un curso está en modo edición aparece a icona do lapis e as ligazóns de editar e a de engadir unha actividade ou recurso.
Elemento 3. Filtros
Esta utilidade serve para activar ou desactivar unha icona que chame a unha funcionalidade á hora de editar un elemento, como pode ser unha páxina, unha tarefa, etc.
Por exemplo, un docente pode activar o botón para engadir fórmulas co editor de ecuacións Wiris.
Elemento 4. Axustes do libro de cualificacións
Nesta páxina o docente pode configurar as categorías, os elementos de avaliación, as escalas, etc. para proceder coa avaliación dos estudantes.
Elemento 5. Copia de seguranza - Restaurar - Importar
Aínda que son tres pestanas con funcionalidades diferentes, o conxunto delas serve para facer unha copia de seguridade, para importar os datos dunha copia xa feita ou ben para copiar os elementos dun curso existente na aula, sempre e cando o docente teña privilexios para facer esa copia.
Elemento 6. Restablecer
Serve para reconfigurar ou eliminar elementos do curso
Elemento 8. Máis
Este elemento substitúe parte do bloque de Administración do curso que aparece noutros temas de Moodle. No caso Boost, o docente debe de premer neste botón.
5. MENÚ PARTICIPANTES
A funcionalidade de participantes serve para listar os usuarios que seguen o curso e ademais permite a matriculación de novos usuarios ou o envío dunha mensaxe aos estudantes do curso.
5.1. Listado de participantes.
Nos selectores que aparecen na parte superior o docente pode filtrar os usuarios en función do rol (profesores e alumnos). Esta páxina é interesante para o docente para comprobar o acceso dos estudantes.
5.2. Matricular usuarios
Na fiestra que aparece ao pinchar en Matricular usuarios, non só se pode matricular o usuario, senón o docente pode permitir o acceso a convidados ao curso ou a automatriculación.
A. Matricular novos usuarios
B. Permitir o acceder a usuarios como convidados
C. Permitir a automaticulación do alumnado. En ocasións, cando os grupos son moi numerosos, ou cando non están definidos os círculos por curso académico, pode resultar moi cómodo para o docente que sexan os propios alumnos os que se automatriculen no curso. O docente pode definir unha chave ou contrasinal para limitar a matriculación de usuarios a aqueles estudantes que coñezan o contrasinal. Tamén pode desmatricular aos usuarios despois dun tempo inactivos, e un abultado número de opcións.
5.3. Envío de mensaxes.
Un recurso moi prezado para o docente é a posibilidade de enviar mensaxes aos estudantes ou a outros docentes da formación. No caso de que non funcione, un usuario con privilexios de administrador debe de activar esta función en Administración do sitio > Características avanzadas > Activar o sistema de mensaxería
O alumno para ler as mensaxes debe de pinchar aquí:
Para máis información, podes dirixirte á páxina oficial do tema Boost: https://docs.moodle.org/39/en/Boost_theme