O  protocolo COVID-19 establece o seguinte no seu apartado 29.7: "... Crearase tamén un usuario na aula virtual para o/a inspector/a do centro con permiso de acceso a todos os cursos virtuais e facilitaráselle a dito/a inspector o seu usuario e clave."

Para facilitar este traballo aos centros, desde Webs Dinámicas temos creado nas aulas virtuais de todos os centros o rol "Inspección" asignable a nivel de sistema e a nivel de categorías de cursos.

Neste documento explicanse dúas cousas: Como dar de alta un usuario para o inspector ou inspectora do centro de xeito que se lle comuniquen os seus datos de acceso de xeito automático, e como asignar a ese usuario o rol de Inspección.

1. Dar de alta un usuario para o/a inspector/a
  • Un administrador da aula virtual debe ir á ruta Administración do sitio > Usuarios > Contas > Engadir un novo usuario.
Figura 1

  • Imaxinemos por exemplo que no noso centro o inspector chámase Javier Espinosa Casal (este nome é ficticio) e que o seu correo corporativo é javier.espinosa@edu.xunta.gal (correo tamén ficticio)
  • Introduciremos os seguintes datos no formulario:
    • Utilizamos o seu usuario de correo como nome de usuario. Nome de usuario = javier.espinosa
    • Marcamos a opción Xerar o contrasinal e comunicar ao usuario. Deste xeito o sistema encargarase de comunicarlle o seu nome de usuario e o seu contrasinal.
    • Introducimos tamén o seu nome, os seus apelidos e o seu correo.
    • E seleccionaremos a opción de que se oculte o seu correo a todos.
Formulario de novo usuario
Figura 2

  • Gardamos o novo usuario
Botón Gardar usuario
Figura 3

2. Asignarlle o rol "Inspección"
Agora temos dúas opcións: Asignar ao novo usuario o rol de Inspección a nivel do sistema ou a nivel das categorías nas que están os cursos para o desenvolvemento da docencia. No primeiro caso estaremos dando acceso a tódolos cursos da aula virtual, no segundo caso daremos acceso só aos cursos que estean nas categorías nas que fagamos a asignación e nas súas subcategorías.

2.1 Asignación a nivel do sistema
  • Para facer esta asignación a nivel do sistema iremos á ruta: Administración do sitio > Usuarios > Permisos > Asignar roles de sistema, chegando á seguinte pantalla na que vemos a existencia dun rol "Inspección".
Roles de sistema
Figura 4

  • Prememos no nome do rol "Inspección" para acceder á pantalla de asignación de usuarios.
Asignar usuario do inspector ao rol
Figura 5

  1. No campo buscar introducimos o nome ou os apelidos do/da inspector/a do centro que previamente temos dado de alta (no noso exemplo chamábase Javier). Na lista da dereita veremos os usuarios coincidentes con valor de búsqueda.
  2. Localizamos o usuario do/da inspector/a na lista da dereita e o marcamos premendo nel.
  3. Prememos no botón Engadir para asignar o usuario ao rol.

2.2 Asignación a nivel de categorías

Alternativamente á asignación anterior a nivel do sistema, podemos facer a asignación a nivel das categorías nas que están os cursos mediante os que se desenvolve a docencia. Se temos categorías e subcategorías en varios niveis, como por etapa e nivel, p.e. Educación Primaria / Primeiro EP, Segundo EP, etc. non é necesario facer esta asignación en cada unha das subcategorías (Primeiro EP, Segundo EP, etc) senón que basta con facelo na categoría superior (Educación primaria).

  • Debemos acceder á paxina de administración das categorías na ruta: Administración do sitio > Cursos > Engadir/Editar cursos.
  • Para cada unha das categorías nas que queiramos facer a asignación, prememos no botón da roda dentada á dereita da categoría desplegando o menú de administración da mesma.
Menú de categoría
Figura 6

  • No que premeremos na opción Asignar roles.
  • Abrirase unha ventana como a da anterior Figura 4, na que vemos os roles asignables a nivel de categoría, e na que premeremos no rol Inspección.
  • Abrirase entón a ventana de asignación de usuarios ao rol Inspección, igual que na Figura 5, na que realizaremos os mesmos tres pasos que se describen ao pé desa figura para localizar o usuario do/da inspector/a e asignalo ao rol.
Última modificación: mércores, 6 de outubro de 2021, 9:26 PM