Ao comezo de cada curso académico é moi conveniente depurar a base de datos de usuarios da aula virtual dando de baixa as contas do alumnado que abandonou o centro.

Dar de baixa un alumno ou alumna da aula virtual implica a perda de todos os datos das operacións realizados por este na mesma. Se vostede considera que debe salvagardar algún contido dun curso (como traballos ou probas avaliables...) lembre que debe facelo antes do borrado dos usuarios. Pode empregar para elo a funcionalidade de copia de seguridade do curso escollendo a opción de incluír na mesma os datos do alumnado e gardando nun almacenamento axeitado o arquivo de salvagarda. 

RECOMENDACIÓNS DESDE O CURSO 2020-21

  • O novo informe AL955–Datos Webs Dinámicas do XADE incorpora unha serie de campos que normalizan os nomes de usuario co formato nome.apelidos, polo que é recomendable borrar da aula virtual a todo o alumnado dos cursos pasados para homoxeneizar os nomes de usuario.
  • Unha vez feito, podemos dalos de alta novamente de xeito masivo mediante o informe AL955. Este informe contén indicación expresa do curso e grupo concretos no que figura matriculado.
  • Facéndoo deste xeito, ao comezo de cada curso académico descargaremos novamente o ficheiro AL955 para, de xeito automático, dar de alta o novo alumnado do centro e actualizar a información do curso e grupo do alumnado existente. Deste xeito o mantemento da base de datos de alumnado resulta moi sinxelo e axilízanse notablemente os procesos de matriculación nos diferentes cursos.

A baixa do alumnado pódese facer de xeito individualizado (proceso tedioso) ou de xeito automatizado e masivo. Para este segundo caso contémplanse diferentes escenarios:


CENTROS QUE DERON DE ALTA AO ALUMNADO DE FORMA MASIVA CO INFORME AL955-DATOS WEBS DINÁMICAS

O alumnado dado de alta mediante este informe ten un identificador do grupo no que está matriculado no campo Grupo do seu perfil. Os valores deste campo compóñense como ETAPA (inf, pri, eso, bacha, etc)+NIVEL+GRUPO, por exemplo: inf4a, pri1b, eso3c, bacha1a.

Utilizaremos este campo Grupo para filtrar o alumnado que queremos eliminar.

Os pasos a seguir como administradores da aula virtual son os seguintes:

  • Administración do sitio > Usuarios > Contas > Accións masivas de usuario
  • No apartado Filtro Novo, facer click en Amosar máis...

Filtro novo

  • No apartado Campos de perfil de usuario despregar grupo e escribir o nome do curso e grupo correspondente en relación cos códigos do informe AL-955 de Xade: inf4a, pri1b, eso3c, bacha1a ...

Grupo

  • Premer en Engadir Filtro. Filtraranse unicamente os usuarios que cumpran esa condición.
  • Nesa pantalla temos dúas listas: á esqueda unha cos usuarios filtrados, e á dereita outra usuarios sobre os que aplicaremos unha acción a continuación.
  • Para pasar todos os usuarios da primeira lista para a segunda pincharemos na primeira fila la primeira lista "Todo filtrado (n/m)" e pincharemos no botón "Engadir á seleccion".
  • Se non queremos aplicar a acción sobre algún dos usuarios da segunda lista, quitarémolo seleccionándoo e pinchando no botón "Retirar da selección"
  • En Lista de usuarios seleccionados... seleccionaremos aqueles que efectivamente interesa eliminar e os engadimos á selección.
  • Unha vez que temos la segunda lista os usuarios que queremos eliminar, na opción "Cos usuarios seleccionados" eleximos Eliminar/Borrar e prememos en Ir a. O sistema pedirá confirmación para a eliminación.

Eliminar

NOTA: Os nomes e apelidos da imaxe son ficticios


CENTROS QUE DERON DE ALTA MANUALMENTE AO ALUMNADO OU CO SISTEMA DE AUTOREXISTRO

Neste caso non é posible filtrar por curso-grupo agás que o alumnado tivera esa información no campo Departamento (department) ou grupo (profile_field_grupo) do perfil de usuario.

Os pasos a seguir como administradores da aula virtual son os seguintes:

  •  Administración do sitio > Usuarios > Contas > Accións masivas de usuario
  •  No apartado Filtro Novo, facer click en Amosar máis...
  •  No apartado Rol de curso seleccionar Alumno (student) e no despregable escoller as categorías correspondentes para o filtro (pódese especificar calquera categoría)

Rol de curso

  •  Premer en Engadir Filtro. Filtraranse unicamente os usuarios que cumpran esa condición.
    •  OLLO: É importante ter en conta que entre os posibles usuarios con rol de estudante pode haber tamén usuarios de profesores do centro que en cursos concretos tivesen o rol Student.
  •  En Lista de usuarios seleccionados... seleccionaremos aqueles que efectivamente interesa eliminar e os engadimos á selección.
  •  En Cos usuarios seleccionados eliximos a opción Eliminar/borrar e prememos en Ir a. O sistema pedirá confirmación para a eliminación.

 

Última modificación: martes, 15 de setembro de 2020, 12:29 PM