Pódense dar tres casos distintos. Fíxate no que che interesa:

(1) Se tes correo electrónico e estás rexistrado como usuario na aula virtual do teu centro con ese correo pero non lembras o teu nome de usuario ou o teu contrasinal.

(2) Se non tes correo electrónico pero si estás rexistrado como usuario na aula virtual do teu centro pero non recordas o teu nome de usuario ou o teu contrasinal.

(3) Se pertences ao equipo directivo do teu centro e queres recuperar o contrasinal como administrador da aula virtual.


(1) Recuperación do contrasinal para usuarios con correo electrónico

Se tes conta como usuario da aula virtual do teu centro e tes esquecido o teu contrasinal ou o teu nome de usuarios, os pasos a seguir son os seguintes (sempre que ese correo sexa válido, non funciona se temos asociada a conta nonresponder@edu.xunta.es ou outra conta ficticia):
  • Na pantalla de acceso premer no enlace Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?

Recuperar contrasinal

  • Na seguinte pantalla existen dúas opcións

Contrasinal esquecido

    • Buscar por nome de usuario

Se recordas o teu nome de usuario, escríbeo na casilla  Nome de usuario e preme en Buscar

    • Ou Buscar por enderezo de correo

 Neste caso escribe o correo que teñas asociado ao teu usuario na casilla Enderezo de correo e preme en Buscar. 

En calquera das opcións a páxina amosa a seguinte mensaxe:

Mensaxe de recuperación de contrasinal

  • Recibirás un e-mail no correo coas instrucións precisas para poder acceder de novo. Este correo debe chegar de xeito case inmediato e caduca aos 30 minutos.

Se non recibes o correo nin buscando por nome de usuario nin buscando por correo eléctronico, pode ser por varios motivos:

    • Comproba que a túa conta de correo non teña o buzón de entrada cheo. Baléirao nese caso.
    • Mira no cartafol de SPAM do teu correo.
    • O teu usuario non ten asociada esa conta de correo ou ten unha conta inválida. Neste caso debes poñerte en contacto co teu centro para que revisen a túa conta.
  • O e-mail recibido será do tipo deste, donde podes ver o teu nome de usuario <<nome_de_usuario>> e donde tes un enlace para acceder e mudar o contrasinal:

Correo de recuperación de contrasinal


  • Preme na ligazón que se envía ou cópiao e pégao no navegador (caduca aos 30 minutos). Amósase a seguinte páxina onde tes que introducir o novo contrasinal e premer en Gardar os cambios.

Restablecer contrasinal


(2) Recuperación do contrasinal para usuarios sen correo electrónico

Se vostede é usuario da aula virtual pero non ten asociado ningún correo electrónico ten que poñerse en contacto co seu centro educativo  para restablecer o seu contrasinal.


(3) Recuperación do contrasinal para o equipo directivo

Todas as aulas virtuales dos centros participantes do proxecto Websdinámicas teñen por defecto un usuario admin con permisos de administrador.

Este usuario está asociado ao correo do centro no dominio @edu.xunta.es ou @edu.xunta.gal

No caso de ter esquecido o contrasinal pódese recuperar seguindo os seguintes pasos:

  • Na pantalla de acceso premer no enlace Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal?
    Recuperar contrasinal
  • Na seguinte pantalla existen dúas opcións
    Contrasinal esquecido

    • Buscar por nome de usuario
      Escribir admin e premer en Buscar
    • Ou Buscar por enderezo de correo
      Neste caso escribir o correo do centro XXX@edu.xunta.es e premer en Buscar. Tamén pódese probar co correo do centro terminado en @edu.xunta.gal.
       

En calquera das opcións enviarase un correo ao centro coas instrucions precisas para poder acceder de novo. Este correo debe chegar de xeito case inmediato e caduca aos 30 minutos.

Se ningunha destas opcións funciona (o que podería pasar se o usuario admin foi cambiado ou o correo asociado non é o correcto),  ten que poñerse en contacto co seu Asesor Abalar de zona ou mandar un correo a websdinamicas@edu.xunta.gal

 

Última modificación: mércores, 6 de outubro de 2021, 9:26 PM