Funcionalidades principais Moodle Mobile

 

A aplicación offline Moodle Mobile é compatible coa maioría dos recursos e actividades que poden ser usados na versión online da Aula Virtual, polo que as funcionalidades que ofrece esta app son prácticamente as mesmas, a nivel de usuario, que na versión online.

  • Tipos de recursos compatibles coa app Moodle Mobile

   

libro, ficheiro, cartafol, IMSCP, etiqueta, páxina, URL

  • Tipos de actividades compatibles coa app Moodle Mobile

   

tarefa, escolla, base datos, feedback, foro, glosario
lección, proba, SCORM, seguemento, wiki, workshop

  

Por outro lado, o uso desta app desde o noso dispositivo móbil permítenos facer outras moitas cousas:

  • Subir ficheiros á nosa área de almacenamento persoal
  • Gravar ficheiros de audio no dispositivo móbil e subilos directamente á área de almacenamento persoal da versión online 
  • Enviar mensaxes privadas a un ou varios dos participantes nos nosos cursos, directamente desde a app
  • Engadir aos participantes nos cursos aos nosos contactos do teléfono móbil
  • Realizar unha chamada de voz a calquera dos participantes dos nosos cursos
  • Xeolocalizar a calquera dos participantes nun curso, a través de Google Maps
  • Descargar e ver algúns dos recursos dos cursos
  • Recibir notificacións Push, directamente no teléfono móbil, cando envían mensaxes ou avisos dirixidos a nós
  • Utilizar a mensaxería privada entre usuarios
  • Integrar o calendario do curso co calendario do noso dispositivo móbil, para poder recibir recordatorios en formato de notificacións locais
  • Auto-matricularnos nos cursos que estea permitido, directamente desde o noso dispositivo móbil

Neste sentido, o uso da app Moodle Mobile aporta un valor engadido aos nosos cursos incrementando as posibilidades de interaccción cos contidos, as actividades e os participantes nos cursos e aportanto tamén unha nova experiencia de usuario no uso das Aulas Virtuais.

 

Last modified: Wednesday, 9 September 2020, 4:21 PM