Funcionalidades principais de Moodle Mobile
Funcionalidades principais Moodle Mobile |
A aplicación offline Moodle Mobile é compatible coa maioría dos recursos e actividades que poden ser usados na versión online da Aula Virtual, polo que as funcionalidades que ofrece esta app son prácticamente as mesmas, a nivel de usuario, que na versión online.
- Tipos de recursos compatibles coa app Moodle Mobile
libro, ficheiro, cartafol, IMSCP, etiqueta, páxina, URL |
- Tipos de actividades compatibles coa app Moodle Mobile
tarefa, escolla, base datos, feedback, foro, glosario lección, proba, SCORM, seguemento, wiki, workshop |
Por outro lado, o uso desta app desde o noso dispositivo móbil permítenos facer outras moitas cousas:
- Subir ficheiros á nosa área de almacenamento persoal
- Gravar ficheiros de audio no dispositivo móbil e subilos directamente á área de almacenamento persoal da versión online
- Enviar mensaxes privadas a un ou varios dos participantes nos nosos cursos, directamente desde a app
- Engadir aos participantes nos cursos aos nosos contactos do teléfono móbil
- Realizar unha chamada de voz a calquera dos participantes dos nosos cursos
- Xeolocalizar a calquera dos participantes nun curso, a través de Google Maps
- Descargar e ver algúns dos recursos dos cursos
- Recibir notificacións Push, directamente no teléfono móbil, cando envían mensaxes ou avisos dirixidos a nós
- Utilizar a mensaxería privada entre usuarios
- Integrar o calendario do curso co calendario do noso dispositivo móbil, para poder recibir recordatorios en formato de notificacións locais
- Auto-matricularnos nos cursos que estea permitido, directamente desde o noso dispositivo móbil
Neste sentido, o uso da app Moodle Mobile aporta un valor engadido aos nosos cursos incrementando as posibilidades de interaccción cos contidos, as actividades e os participantes nos cursos e aportanto tamén unha nova experiencia de usuario no uso das Aulas Virtuais.
Última modificación: mércores, 9 de setembro de 2020, 4:21 PM