1.- Acceso á aula virtual

Os requisitos necesarios para entrar en Moodle e participar na plataforma son os seguintes:
  • Ter un navegador web ( Mozilla, Internet Explorer, Chrome, Sahari, Opera...).
  • Ter unha conexión a Internet.
  • Coñecer a URL (o enderezo web) do servidor onde se atopa aloxado o Moodle.
  • Acceder rexistrándose como usuario da plataforma.

O Moodle instalado dentro do proxecto Webs Dinámicas en multisite ten un enderezo web do tipo: http://www.edu.xunta.gal/centros/nome_do_centro/aulavirtual2 , onde "nome_do_centro" corresponde á denominación de cada centro educativo. Tamén, para facilitar o acceso, a páxina web de cada centro (drupal) leva incorporado un enlace preconfigurado na cabeceira á Aula Virtual ou Moodle. Coa actualización do Moodle da aula virtual desde a ántiga versión 1.9 ate a nova 2.6 prodúcese un cambio na URL de acceso á mesma, este cambio consiste en que antes esta URL remataba na palabra aulavirtual e agora remata na palabra aulavirtual2. Este cambio foi necesario para que no proxecto Webs Dinámicas podan convivir temporalmente as dúas versións de Moodle.

2.- Inicio de sesión

Unha vez visualizada a plataforma no navegador que se está a empregar, para acceder á mesma hai que pinchar sobre o botón Acceso localizado na parte superior dereita da pantalla como se pode ver na seguinte imaxe.

Acceso

Entón aparece o formulario para introducir o nome de usuario e contrasinal. No caso de olvido do contrasinal este mesmo formulario ofrece a posibilidade de recordalo premendo en Esqueceu o seu nome de usuario ou o contrasinal? que nos remitirá a unha páxina cas instruccións para recuperar o contrasinal.

Tamén podemos iniciar sesión como convidado para ver os cursos que permitan este tipo de acceso, pero deste xeito nunca poderemos participar activamente neles.

Login

3.- Autorexistro

Para poder acceder o primeiro paso é estar rexistrado na aplicación; este rexistro o fan, habitualmente, os administradores da aula virtual como se documenta no tema 3 (Xestión de usuarios e permisos), pero tamén temos a opción de autorexistrarnos sempre que esta posibilidade sexa activada no sitio. Se o autorexistro está activado, no formulario de inicio de sesión anterior, aparece un bloque con instruccións (É esta a súa primeira vez aquí?) e un botón "Crear unha nova conta" no que pulsaremos para rexistrarnos na aula virtual.

Para poder rexistrarse na aula virtual deste xeito é preciso dispoñer dunha conta de correo electrónico. Este sistema só debe ser utilizado polo profesorado dos centros e polo alumnado maior de 14 anos que dispoña, como dicimos, dunha conta de correo eléctronico.

Autorexistro

Cando pulsemos no botón "Crear unha nova conta" aparece o seguinte formulario no que debemos introducir os datos que se piden:

formulario de autorexistro

Como se indica, todos os campos marcados con * hai que cubrilos obrigatoriamente:

  • Nome de usuario ---> é o identificador que imos a usar para entrar na aula virtual. Para o profesorado recoméndase usar o mesmo que do correo corporativo (o que vai antes de @edu.xunta.es) xa que non se vai repetir entre todo o profesorado do centro. Para os alumnos recoméndase establecer algunha norma que minimice as coincidencias. Unha proposta de norma poderia ser:
    1. Utiliza en primeiro lugar o nome de usuarios do correo que vas utilizar para darte de alta.
    2. Se o anterior xa existe ou como alternativa utiliza o nome de pila e primeiro apelido separados por un punto. Por exemplo juan.perez
    3. Se o anterior xa existe engádelle o segundo apelido. Por exemplo juan.perez.lopez
    4. Se o anterio xa existe engádelle o ano de nacemento.
  • Contrasinal ---> o contrasinal é secreto e persoal. Debe cumplir cos requisitos que se indican no formulario. O administrador da aula virtual pode modificar estes requisitos. Se marcamos o cuadro Desenmascarar vemos a contrasinal que estamos a escribir.
  • Enderezo de correo ---> temos que poñer unha dirección válida de correo electrónico (O alumnado ten que ter máis de 14 anos para poder ter correo electrónico).
  • Repetir correo electrónico ---> temos que volver a repetir a dirección posta no apartado anterior.
  • Nome ---> poñeremos o noso nome de pila
  • Apelido ---> aquí indicamos os nosos apelidos.
  • Cidade/Vila ---> indicamos a nosa cidade, este campo non é de caracter obrigatorio; pódese deixar en branco.
  • País ---> indicamos o noso país, por defecto xa aparece España.
  • reCAPTCHA ---> o CAPTCHA empregase para impedir abusos de programas automáticos. Simplemente escriba as palabras que se ven na imaxe na caixa, en orde e separadas por un espazo.Se non está seguro de que palabras son, pode conseguir outro CAPTCHA, ou un CAPTCHA de son.

Prememos en "Crear a miña nova conta".

Se o nome de usuario ou o correo electrónico introducidos xa está rexistrado, o rexistro será rexeitado e deberemos modificar o dato repetido. No caso de que estea repetido o nome de usuario, normalmente será porque outra persoa xa se rexistrou  con él e siemplemente debemos seguir a norma establecida para poñer un nome distinto. No caso de que estea repetido o correo electrónico, debería significar que en realidade xa estamos rexistrados, xa que ningunha outra persoa debería ter feito o rexistro coa nosa conta de correo.

Se os datos son correcto, o sistema enviará unha mensaxe de correo electrónico á conta que se utilizou para este rexistro con instrucións e un enlace para validar o rexistro e poder entón entrar na aula virtual.

Última modificación: martes, 8 de setembro de 2020, 2:06 PM