Creación automática dun bloque que enlaza co último álbum creado na galería
O módulo node_album crea de xeito automático un bloque que enlaza co último álbum público creado na Galería.
Funciona do seguinte xeito:
- Crea un novo bloque con descrición "Node Album: Último álbum da Galería" e título por defecto "Último álbum", que amosa unha imaxe en miniatura do último álbum público creado na Galería.
- Se ó ultimo álbum público creado na Galería non ten ningunha imaxe subida, o bloque estará baleiro e polo tanto non será visible.
- Se o álbum ten escollida unha das súas imaxes como miniatura, será esta imaxe a que se amose. No caso contrario amosarase a primeira imaxe subida ao álbum.
- Esta imaxe fará de enlace coa páxina de miniaturas do álbum na Galería.
- Debaixo da imaxe amosa un texto coa categoría na que está o álbum e o título do mesmo (Nome da categoria -> Título do álbum) de xeito que o nome da categoría enlaza coa páxina da categoría e o título do álbum enlaza coa páxina de miniaturas do álbum na galería.
- A imaxe amosarase cun ancho máximo de 200 px.
- O ancho de visualización da imaxe decídese en función da variable de configuración da Galería que define o tamaño das miniaturas, que é a variable "Configuración de miniaturas / Dimensión máxima da miniatura". Así, se este valor é maior que 200px a imaxe amosarase cun ancho de 200 px e se é menor ou igual amosarase con ese valor como ancho.
- O bloque creado inicialmente está na rexión de Desactivados, polo que non será visible ata ser colocado na rexión desexada do noso sitio web.
Última modificación: miércoles, 4 de marzo de 2020, 12:50