Como curiosidade: Consideracións sobre a dimensión da imaxe a amosar debaixo do corpo do contido (node_álbum)
DIMENSIÓNS DA IMAXE A AMOSAR DEBAIXO DO CORPO DO CONTIDO
Para entender o funcionamento do módulo node_album hai que ter en conta como se comporta Coppermine cando se sube unha imaxe á plataforma. Ademais de almacenarse a imaxe coas dimensións orixinais:
- Coppermine xera sempre unha versión miniatura (co prefixo thumb_) de cada imaxe que se sube. O tamaño máximo da versión miniatura será o establecido en Configuración > Configuración de miniaturas > Dimensión máxima da miniatura (por defecto 100 píxeles). Este límite aplicarase ao ancho ou alto da imaxe segundo a configuración da variable "Usar dimensión (anchura e altura ou aspecto máximo das miniaturas)", que por defecto é "Aspecto Máximo".
- Ademais da versión thumb, xerarase unha versión intermedia de cada imaxe (co prefixo normal_) sempre que se cumpran dúas condicións:
a) Que estea activa esta opción na variable "Configuración >> Configuración de ficheiros >> Crear imaxes intermedias".
b) Que o ancho ou alto da imaxe orixinal sexa maior que o valor da variable "Anchura ou altura máxima da imaxe intermedia" (por defecto 400 píxeles).
Tendo en conta todo o anterior, o módulo node_album amosará inicialmente, xusto a continuación do corpo ou do resumo do contido, a versión da imaxe que corresponda de acordo co seguinte:
- Se está activa a opción "Crear fotografías intermedias" = Sí e, ademais, algunha das dimensións da imaxe orixinal é maior que "Ancho ou alto máximo dunha fotografía/vídeo intermedio", amosarase a versión intermedia da imaxe almacenada co prefixo 'normal_'.
- En caso contrario, visualizarase a imaxe co prefixo 'thumb_' que sempre debe existir.
En calquera caso, recoméndase non modificar ningún dos aspectos por defecto que aparecen na configuración do Coppermine.
No caso de modificación en Coppermine dalgún dos parámetros anteriores pode deixar de funcionar o módulo node_album, xa que podería acontecer neste caso que no se atopara a versión intermedia que segundo a configuración anterior debera existir ou que os prefixos dos ficheiros das imaxes non correspondesen cos prefixos da configuración.
Para solucionar este tipo de problemas sería preciso reconstruír en Coppermine as versións intermedias e miniatura das imaxes (o que se pode hacer en Ficheiros > Ferramentas de administración > Actualizar miniaturas e/ou redimensionar fotos - Update thumbs and/or resized photos-).