A configuración por defecto de Coppermine establece uns parámetros de configuración para os diferentes tipos de arquivos que se poden subir á galería, polo que poden aparecer mensaxes de erro asociadas ao incumprimento dalgún dos criterios establecidos con carácter xeral no momento de subir ficheiros á mesma. Destácanse os seguintes:

  • Erros asociados ao tamaño dos arquivos:  solucionánse cambiando o tamaño por defecto na opción Tamaño máximo dos ficheros subidos.
  • Erros asociados ás dimensións dos arquivos:  solucionánse cambiando a anchura/altura na opción Anchura ou altura máxima dos ficheiros subidos expresados en píxeles.
    • Existe a posibilidade de permitir Redimensionar automáticamente as imaxes que excedan a anchura ou altura máximas.
  • Erros asociados ao tipo de arquivos:  Soluciónanse especificando a extensión dos arquivos a subir. Dependendo do tipo de ficheiro:
    • Tipos de imaxe permitidos          
    • Tipos de películas permitidos
    • Tipos de audio permitidos
    • Tipos de documento permitidos     

Se nalgún momento resulta necesario pódese cambiar a configuración como usuarios administradores no menú Configuración--> Configuración de ficheiros

Configuración de ficheiros

Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 10:24 AM