Creación de categorías (só administradores)
- As categorías cumpren unha función organizativa dentro da nosa galería xa que permiten agrupar os diferentes álbumes que se vaian creando.
- Os usuarios administadores da galería poden crear novas categorías e subcategorías, administrar as categorías existentes ou cambiar un álbum dunha categoría a outra.
- Por defecto hai creada unha categoría principal ou raíz para cada centro.
- Tamén existe unha categoría denominada Galerías de usuarios creada por defecto, que conterá as galerías persoais dos usuarios.
Creación dunha categoría
- Para crear unha categoría, prememos no menú Ficheiros --> Categorías.
- Escribimos o nome no campo Título da categoría. A continuación pódese escribir unha breve descrición no campo Descripción da categoría. Finalmente hai que premer en Actualizar/Crear categoría.
- Categoría principal: Ningunha categoría indica que a categoría creada vai a depender da categoría raíz da nosa galería.
- A opción Grupo(s) autorizado para crear álbums nesta categoría indica que os usuarios rexistrados (pertencentes ao grupo ou rol Registered) poderán crear ou non álbumes nesta categoría:
- Por defecto non poden.
- Para habilitar dita posibilidade hai que facer click en Registered (o fondo cambiará a cor azul, indicando que se outorga o permiso).
Creación dunha subcategoría
- Para crear unha subcategoría (crear unha categoría dentro doutra) hai que seguir os mesmos pasos e simplemente seleccionar en categoría principal a categoría da que vai a depender.
Mover e editar categorías/subcategorías
As categorías creadas amosaranse na pantalla a medida que se vaian xerando. Desde a columna de Operacións podemos administrar as categorías creadas:
- Ordenar as categorías (movelas hacia arriba ou hacia abaixo).
- Borrar categorías.
- Editar a información das mesmas.
- Reubicalas dentro doutras categorías.
Unha vez creadas as categorías, xa estamos en disposición de crear os nosos álbumes.
Last modified: Wednesday, 23 October 2024, 10:21 AM