• As categorías cumpren unha función organizativa dentro da nosa galería xa que permiten agrupar os diferentes álbumes que se vaian creando.
  • Os usuarios administadores da galería poden crear novas categorías e subcategorías, administrar as categorías existentes ou cambiar un álbum dunha categoría a outra.
    • Por defecto hai creada unha categoría principal ou raíz para cada centro.
    • Tamén existe unha categoría denominada Galerías de usuarios creada por defecto, que conterá as galerías persoais dos usuarios.

categorias

Creación dunha categoría

  • Para crear unha categoría, prememos no menú Ficheiros --> Categorías.
  • Escribimos o nome no campo Título da categoría. A continuación pódese escribir unha breve descrición no campo Descripción da categoría. Finalmente hai que premer en Actualizar/Crear categoría.
    • Categoría principal: Ningunha categoría indica que a categoría creada vai a depender da categoría raíz da nosa galería.
    • A opción Grupo(s) autorizado para crear álbums nesta categoría indica que os usuarios rexistrados (pertencentes ao grupo ou rol Registered) poderán crear ou non álbumes nesta categoría:
      • Por defecto non poden.
      • Para habilitar dita posibilidade hai que facer click en Registered (o fondo cambiará a cor azul, indicando que se outorga o permiso). 

crear categoría

Creación dunha subcategoría

  • Para crear unha subcategoría (crear unha categoría dentro doutra) hai que seguir os mesmos pasos e simplemente seleccionar en categoría principal a categoría da que vai a depender.

Subcategorías

Mover e editar categorías/subcategorías
As categorías creadas amosaranse na pantalla a medida que se vaian xerando. Desde a columna de Operacións podemos administrar as categorías creadas:

  • Ordenar as categorías (movelas hacia arriba ou hacia abaixo).
  • Borrar categorías.
  • Editar a información das mesmas.
  • Reubicalas dentro doutras categorías.

Unha vez creadas as categorías, xa estamos en disposición de crear os nosos álbumes.

Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 10:21 AM