Acceso á galería
Con carácter xeral no proxecto Webs Dinámicas, a URL de acceso á galería de imaxes de cada centro será do tipo: http://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/galeria
Tamén podemos acceder a Coppermine facendo click a través do menú Galería accesible desde a páxina web do noso centro.
Os menús dispoñibles na galería variarán en función de se o acceso á mesma se realiza como visitante ou como usuario autenticado (introducindo un nome de usuario e contrasinal). Neste último caso dependerán tamén do rol do usuario que inicie sesión.
Unha vez na web do Coppermine e como usuarios sen autenticar amosarase o seguinte:
A continuación sinálase a funcionalidade dos distintos menús:
- Inicio: Actúa como hipervínculo á páxina principal da galería onde podemos ver as categorías e álbumes creados que sexan públicos.
- Entrar: Permite iniciar a sesión en Coppermine cun nome de usuario e contrasinal.
- Web: Enlaza coa páxina principal de Drupal do centro.
- Álbums: permite ver a lista de álbums públicos da galería. Colocando o punteiro do rato sobre Álbums aparecerán as seguintes opcións:
- Últimas subidas: amosa os ficheiros engadidos recentemente.
- Últimos comentarios: amosa os últimos comentarios realizados sobre as imaxes.
- O máis visto: amosa os ficheiros con máis visualizacións.
- O mellor puntuado: amosa aqueles ficheiros que foron mellor puntuados dentro da galería.
- Os meus favoritos: amosa exclusivamente as imaxes que o visitante seleccionou como favoritas.
- Buscar: permite realizar unha busca de imaxes na galería.
Última modificación: mércores, 23 de outubro de 2024, 10:19 AM