Configuración cuotas ficheiros persoais
A configuración de cuotas dos ficheiros persoais pódese establecer na ruta Administrar » Configuración do sitio » IMCE
É posible establecer configuracións diferentes para cada rol (User-1 fai referencia á configuración do usuario webmaster: non tocar). As opcións máis relevantes neste apartado son as que se citan a continuación:
- Tamaño máximo de ficheiro por subida: capacidade máxima de subida de un único arquivo.
- Cuota total de usuario: Capacidade total de almacenamento para un usuario específico.
- Extensións de ficheiros permitidas: especifícanse separadas por espazos en branco.
- Maximum images dimensions: o tamaño máximo permitido dunha imaxe. (Non é conveniente empregar tamaños moi grandes).
NOTA:
- Todos os ficheiros subidos por un determinado usuario a Webs Dinámicas almacénanse nun directorio específico de dito usuario.
- Cada usuario pode acceder a dito directorio na ruta A miña conta » Explorador de ficheiros
Última modificación: miércoles, 21 de marzo de 2018, 12:36