Cando se crea un contido existe a opción de engadir un arquivo como ficheiro adxunto do xeito que se describe en  http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/page/view.php?id=4565&inpopup=1

Como se pode ver na seguinte imaxe, despois de “Seleccionar archivo” aparece a información do tamaño máximo de subida e das extensións permitidas:

ficheiros adxuntos

Estas opcións poden ser cambiadas por un usuario co rol administrador en Inicio » Administrar » Configuración do sitio » Ficheiros cargados

Configuración xeral:

  • Pódense engadir novas extensións de ficheiros separándoas con un espazo como se pode ver no seguinte exemplo:

  • Tamén é posible modificar os tamaños máximos de ficheiros por carga (nun só envío) e total por usuario (tamaño global dos arquivos subidos por un usuario)

Configuracións específicas para cada rol:

Con independencia da configuración xeral, pódese especificar unha configuración diferente para cada un dos roles do sistema premendo en "Axustes para o rol correspondente": administrador, profesorado...

De non especificarse configuracións específicas para un rol determinado, empregaranse por defecto as opcións da configuración xeral.

Axustes específicos dos arquivos por rol

Unha vez feitos os cambios premer en "Gardar a configuración".


Recomendación:  Con independencia das configuracións anteriores, existe unha limitación no tamaño máximo de ficheiro por carga establecido pola propia configuración da plataforma: 700MB. En calquera caso, recoméndase non subir arquivos moi pesados para garantir unha navegación fluida.

Last modified: Thursday, 20 January 2022, 5:48 PM