Creación dun miniPanel
Un minipanel é un tipo de panel que crea un bloque de xeito automático. Polo tanto, poderase utilizar como bloque ou como contido doutro panel.
Os minipaneis abren enormes posibilidades para personalizar a rexión de cabeceira da nosa web.
Os pasos son similares ao visto anteriormente para un panel de tipo páxina, agás que non será preciso especificar unha URL e deberase activar o bloque para a súa visualización.
Última modificación: mércores, 20 de decembro de 2017, 12:32 PM