Creación dun panel de páxina
O proceso de creación dun panel de páxina (panel page) é o máis completo de todos. Servirá como exemplo para comprender o proceso xeral de creación de elementos compostos por paneis e as posibilidades que o seu uso ofrece en Drupal.
- Na ruta: Administrar > Construción do sitio > Panels.
- Seleccionar Create New Panel Page
- En título administrativo especifícase o nome para identificar o panel como usuario: Panel de proba.
- En nome do sistema, engadir un nome que Drupal empregará internamente para identificar o panel: paneldeproba
- En Ruta, poñer a URL que enlazará co panel: paneldeproba
- Facer click en Continuar.
- Na pantalla seguinte especificarase a estrutura (layout) do panel mediante os construtores (builders).
- Seleccionar a opción 2 columnas
- Escoller algunha das configuracións propostas: para o noso exemplo, Two column stacked, que inclúe unha fila superior, 2 columnas e fila inferior.
- Na seguinte pantalla Panel Settings non é preciso facer ningún cambio.
- Destácase a opción Disable Drupal blocks/regions. De estar marcada, desactivaríase a visualización dos bloques do tema (plantilla) cando se accede ao panel.
- Só resta engadir o contido pertinente a cada unha das rexións especificadas no paso anterior facendo click na icona da roda dentada correspondente e seleccionando a opción "Add content". Nesta mesma imaxe obsérvase a posibilidade de cambiar o estilo predeterminado da rexión.
- Aparecerá a seguinte pantalla coas diferentes opcións para incluír no panel:
Na columna esquerda propóñense as seguintes posibilidades para agregar:
-
- Activity: información relativa á actividade da páxina en xeral: comentarios recentes, contido popular, usuarios conectados...
- Feeds: as distintas fontes RSS definidas no sitio web.
- Menús: calquera menú creado no sitio.
- Mini panel: calquera minipanel creado anteriormente.
- Miscelánea: calquera bloque existente no sitio web.
- Page elements: elementos relacionados coa páxina como nome do sitio, eslogan, pe de páxina...
- Vistas: views activas definidas previamente no sitio. (Require a activación do módulo Views content panes)
- Widgets: diversos compoñentes de Drupal como iniciar sesión, formulario de busca...
- Existing node: permite engadir un contido xa creado indicando o número do nodo (nid)
- New custom content: permite crear un contido directo exclusivamente para o panel (non xenera número de nodo).
- No seguinte pantalla engadiuse o menú "O centro".
- Existe a posibilidade de sobreescribir o título. De querer que apareza en branco, marcar a opción e deixalo en branco.
-
- Premer en Finish.
- Amosarase a seguinte pantalla, na que aínda non se gardaron os cambios:
-
- Os cambios non quedan gardados ata facer click en "Update and Save" ou Gardar despois de actualizar. Antes de gardar é conveniente facer unha vista previa do resultado do panel.
- Facendo click na roda dentada do contido engadido abrirase a seguinte pantalla, na que é posible cambiar o estilo do propio contido, especificar regras de visibilidade ou eliminalo.
- Facendo click en Cambiar abriranse diferentes posibilidades para o estilo do contido
- No estilo personalizado (Custom Style) pódese cambiar calquera das opcións que aparecen na seguinte pantalla. Cabe destacar a posibilidade de gardar este estilo como un modelo para empregar posteriormente marcando a opción "Make this style avallable to other regions or panels"
- Como xa se sinalou con anterioridade, tamén é posible cambiar o estilo dunha determinada rexión. Hai que ter en conta que as opcións da rexión e dos contidos engadidos nela poden solaparse.
Última modificación: mércores, 20 de decembro de 2017, 12:23 PM