Creación dun Slide con carrusel (Jcarousel)
Partindo da configuración anterior:
- Activación dos módulos necesarios (Administrar > Construción do sitio > Módulos): Views Slideshow: JCarousel
- Creación dun preset para as miniaturas de 80 x 80 píxeles (Administrar > Construción do sitio > Imagecache)
- Activación dos permisos (módulo imagecache) para o novo preset en función dos distintos roles (Administrar > Xestión de usuarios > Permisos)
- Modificar o tipo de contido slide engadindo un novo campo para as imaxes co preset 80x80.
- Modificar a vista anterior (Administrar > Construción do sitio > Vistas), engadindo un campo máis para as miniaturas do carrusel: Contido: miniatura 80x80 image
- O campo miniatura convén excluílo da visualización, pois só interesa que apareza para a selección das imaxes mediante as miniaturas: Marcar a opción "Excluír da visualización".
- Finalmente, na "Configuración do estilo", "Estilo: SlideShow", seleccionar en "Pager Type": "Jcarousel Pager"
- Pódense escoller aspectos como a orientación (Horizontal), número de imaxes a amosar (Number of visable pager Items), transicións entre imaxes (Scroll), velocidade (Speed of the transition), etc
- O resultado final será o seguinte
Última modificación: xoves, 23 de marzo de 2017, 4:03 PM