5. Activar o bloque para visualizar o resultado
Só resta activar o bloque correspondente para amosar o resultado da vista. (Este bloque creouse automaticamente ao engadir un display de tipo bloque no proceso de creación da vista).
Inicialmente estará na rexión de "Desactivados".
O seu nome será: "View: slide: bloque_slide"
Podemos poñelo, por exemplo, na rexión "Bottom content" e gardar os cambios.
O bloque co slide xa debera estar funcionando de xeito correcto.
Este bloque aparece por defecto aliñado á esquerda.
OPCIONAL: CENTRAR O CONTIDO DA VISTA
Pódese centrar o resultado da vista anterior dun xeito sinxelo con código PHP:
Este código é válido tanto para poñer no medio dun contido ou para crear un bloque específico
Neste caso crearase un bloque específico:
Administrar > Construción do sitio >Bloques > Engadir un bloque
- Co texto enriquecido desactivado, copiar o seguinte código. Substituír o texto en amarelo:
- Polo nome da vista en $viewname.
- Polo nome de sistema do bloque en $display_id.
<div align="center">
<?php
$viewName = 'slide';
$display_id = 'bloque_slide';
$myNodes = array(1, 2, 3);
print views_embed_view($viewName, $display_id, $myNodes);
?>
</div>
- En formato de entrada, seleccionar "PHP Code".
- Gardar os cambios.
- Activar o bloque creado na rexión correspondente.