4. Crear a vista para o slide
Ruta Administrar > Construción do sitio > Vistas.
- Facer click en "Engadir":
- Nome da vista: slide
- Tipo: Nodo
- Facer click en "Seguinte".
Na páxina de configuración xeral da vista:
- Deixar a opción "predeterminados" sen cambios.
- No desplegable, seleccionar "Bloque" e facer click en "Engadir unha visualización"
A continuación configuraranse os parámetros para a visualización (display) de tipo bloque creada:
AXUSTES BÁSICOS
Cambiaranse o "Nome de sistema" e o "Nome" do bloque para poder identificalos posteriormente con maior facilidade.
- Facer click en "Nome de sistema"
- Facer click en "Nome"
O resultado final deberá ser o seguinte:
FILTROS
Facer click na icona co signo "+" para engadir un filtro (inicialmente non hai ningún filtro definido).
Na parte inferior aparecerá a ventana de configuración "Bloque: Engadir filtros".
- No desplegable "Grupos", seleccionar "Nodo": Grupos: Nodo.
- Marcar as opcións:
- Node: Publicado (Para filtrar unicamente nodos que teñan marcado o check de publicados).
- Node: Tipo. (Para filtrar por tipo de contido slide)
- Facer click en "Engadir". Establecemos as condicións para cada un dos filtros engadidos no paso anterior:
- Publicado= "Si" .
- Facer click en "Update and override" (Non facer caso das mensaxes de aviso que aparecen no apartado vista previa: desaparecerán unha vez a vista estea completamente definida),
- Publicado= "Si" .
-
- Operador é un de: "Slide"
- Facer click en "Actualizar"
- Operador é un de: "Slide"
O resultado final para os filtros sería o seguinte:
NOTA: É posible que a primeira vez que se define un filtro non cambie o valor. Por exemplo, no noso caso, é posible que o filtro Nodo:Publicado teña o valor Non. De ser así, simplemente hai que editar o filtro "Nodo:Publicado" facendo click sobre el, cambiar o valor a "Si" e facer click en "Actualizar".
CAMPOS
Facer click na icona co signo "+" para engadir un campo (inicialmente non hai ningún campo definido).
Na parte inferior aparecerá a ventana de configuración "Bloque: Engadir campos".
- No desplegable "Grupos", seleccionar "Nodo". Grupos: Nodo.
- Marcar as opcións:
- Node: Corpo
- Facer click en "Engadir"
- Na ventana de configuración que aparece:
- Deixar título administrativo en branco
- Deixar etiqueta en branco (Por defecto aparece "Corpo").
- Facer click en "Update and override".
Facer click na icona co signo "+" para engadir un novo campo.
- No desplegable "Grupos", seleccionar "Contido". (Grupos:Contido)
- Marcar Contido: Slide imaxe (field_slide_imaxe)
- Facer click en "Engadir"
- Na ventana de configuración:
- Seleccionar "Etiqueta: Ninguno".
- En "Formato": substituír "Generic files" por "380x200 image".
- Facer click en "Actualizar"
A continuación ordenaranse os campos a amosar, de xeito que apareza en primeiro lugar a imaxe e a continuación o texto do corpo.
- Na opción "Campos", facer click na icona das frechas á dereita so signo "+" e arrastrar os campos na orde desexada.
- Facer click en Actualizar.
- Facer click en Gardar
A configuración final para os campos deberá ser a seguinte:
CONFIGURACIÓN DO ESTILO
Seleccionar a visualización "Bloque" (Despois de gardar no paso anterior volve á visualización predeterminada).
- Facer click na opción "Estilo: Sen Formato" e seleccionar SlideShow.
- Facer click en "Update and override".
Finalmente, pódense configurar diferentes opcións para o slide.
As máis interesantes son:
- "Transition > Effect", para modificar as transicións entre as imaxes do slide.
- "Action > Timeout": para especificar o tempo da transición en milisegundos.
- Unha vez rematada a configuración, facer click en "Actualizar"
Finalmente hai que gardar a vista.