2. Establecer unha configuración predeterminada para as imaxes con ImageCache
Neste apartado vaise establecer un tamaño predeterminado para todas as imaxes que formen parte do slide. (Un slide con imaxes de diferente tamaño pode provocar un efecto pouco estético no noso sitio).
Ruta Administrar > Construción do sitio > ImageCache
- Facer click en "Add new preset". Especificar un nome para o preset (configuración establecida por defecto para a imaxe).
- Facer click en "Save Preset".
- En "Accións" facer click en "Add Resize" indicando o tamaño desexado para as imaxes en píxeles (ancho, alto)
- Facer click en "Create Action".
- Agora na ruta Administrar > Construción do sitio > Image cache xa temos creado o Preset
ASIGNACIÓN DE PERMISOS PARA O PRESET CREADO AOS DIFERENTES ROLES (MÓDULO IMAGECACHE)
Ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos
- Activar para todos os roles a opción "View imagecache 380x200"
Última modificación: martes, 14 de marzo de 2017, 1:51 PM