1. Activación e configuración dos módulos necesarios
Este módulo está incluído no proxecto Webs Dinámicas, se ben inicialmente non está activado. Corresponderá ao administrador do sitio a súa activación e configuración.
Como adoita ser habitual en Drupal, a activación dun determinado módulo pode implicar a activación doutros módulos adicionais para o seu funcionamento.
ACTIVACIÓN DOS MÓDULOS NECESARIOS
Ruta Administrar > Construción do sitio > Módulos
ImageCache:
- Image Cache: Permite a modificación das imaxes subidas. Precisa da activación dos tres módulos que se indican de seguido.
- Image API
- Image API GD2
- Image Cache UI
Vistas:
- Views Slideshow
- Views Slideshow Cycle
- Os módulos Views Slideshow e Views Slideshow: Cycle precisan do módulo "Libraries" incluído na categoría de módulos "Outro", para facer uso de librarías externas.
CCK:
- Content: Permite aos administradores do sitio crear novo tipos de contido.
- Imagefield: Define un campo de tipo imaxe para o novo contido
- Filefield: Permite engadir un arquivo para o novo contido.
Chaos Tool Suite:
- Chaos Tools: Módulo requirido para o funcionamento doutros módulos.
Ao rematar o proceso de activación de módulos facer click en "Gardar a configuración".
ASIGNACIÓN DE PERMISOS PARA O ROL ADMINISTRADOR
Ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos.
- Activar os permisos para o rol administrador dos módulos: ImageAPI e ImageCache
- Facer click en "Gardar Permisos".
Last modified: Monday, 13 March 2017, 1:09 PM