Nun apartado anterior explicouse a configuración e funcionamento do módulo Content Translation para habilitar a tradución dun contido a outros idiomas definidos no sitio (Administrar > Configuración do sitio > Idiomas).

Agora detallarase a configuración de Drupal para soportar varios idiomas por medio do módulo Internationalization e outros módulos asociados, de xeito que en función do idioma seleccionado polo usuario no selector de idioma os contidos, bloques, e menús de Drupal cambien en función do idioma seleccionado.

ACTIVAR O BLOQUE SELECTOR DE IDIOMAS

  • Administrar > Construción do sitio > Bloques
  • Situar nunha rexión visible o bloque "Selector de idiomas".

bloque selector idioma

  • O bloque co selector de idioma non será visible ata a activación dos módulos que se detallan a continuación.

ACTIVACIÓN DOS MÓDULOS NECESARIOS

  • Administrar > Construción do sitio > Módulos
  • Activar os seguintes módulos na opción Multilanguage (todos agás Poll aggregate, que non é necesario agás que teñamos habilitado o módulo poll para facer enquisas).
  • Gardar os cambios.

módulos i18n

CONFIGURACIÓN DOS PERMISOS

  • Administrar > Xestión de usuarios > Permisos
  • Dar permisos ao rol administrador para configurar o soporte multilinguaxe: administer all languages e administer translations

permisos i18n

TRADUCINDO AS TAXONOMÍAS

  • Administrar > Administración do contido > Taxonomía.
  • Editar cada un dos vocabularios de taxonomía para configurar a posibilidade de tradución. En Multilingual Options, Translation mode, seleccionar Per language terms. Different terms will be allowed for each language and they can be translated.
    • A seguinte imaxe amosa a ventá de edición do vocabulario de taxonomía Biblioteca, que inicialmente ten dous termos: "Animación á lectura" e "Recomendámosche".

taxonomia biblioteca

  • Gardar os cambios.
  • Engadir/editar cada un dos termos de cada taxonomía e seleccionar o idioma correspondente de entre os habilitados no sitio.

traducindo un termo

  • A seguinte imaxe amosa a lista de termos a editar para o vocabulario de taxonomía Biblioteca e como se van engadindo as diferentes traducións.

animacion

  • De acordo coa imaxe anterior, faltaría engadir dous novos termos equivalentes a "Recomendámosche" en español e inglés e editar o termo "Recomendámosche" para especificar o idioma galego.

bibliotca

  • NOTA: Se para algún termo non se especifica un idioma concreto, dito termo amosarase con independencia do idioma elixido no selector de idiomas.

CONFIGURANDO OS MENÚS PARA QUE APAREZAN OS TERMOS DE TAXONOMÍA (SUBMENÚS) NO IDIOMA SELECCIONADO NO SELECTOR DE IDIOMAS

  • Administrar > Construción do sitio > Menús.
  • Editar cada elemento de menú e cambiar na opción Idioma "Todos os idiomas" polo idioma correspondente. A seguinte imaxe amosa este proceso para o termo "Recomendámosche" en galego.

menu recomendamosche----------->recomendamosche galego

NOTA: A opción "Todos os idiomas" fai que este elemento de menú apareza sempre con independencia do idioma escollido no Selector de idioma.

FUNCIONAMENTO DO SITIO MULTILINGUAXE EN DRUPAL

  • Un nodo ou contido en "Idioma neutral" visualizarase tal e como foi escrito, con independencia do idioma escollido no selector de idiomas. No caso de seleccionar un idioma para un determinado contido, a linguaxe do mesmo cambiará automaticamente en función do idioma seleccionado no selector de idiomas.
  • O funcionamento en modo multilinguaxe dun sitio web en Drupal permite traducir todos os elementos (contidos -nodos-, termos, elementos de menús, bloques...) agás o propio título dos menús. Esta situación podería solventarse creando menús específicos para cada idioma amosando ou agochando o bloque que crea o menú tal e como se explica a continuación.

VISUALIZACIÓN / OCULTACIÓN DE BLOQUES EN FUNCIÓN DO IDIOMA SELECCIONADO NO SELECTOR DE IDIOMAS

  • Administrar > Construción do sitio > Bloques.
  • Na opción Multilingual settings dun determinado bloque, seleccionar se se desexa que o bloque apareza visible para todos os idiomas ou só para un determinado idioma.
  • Coa configuración da seguinte imaxe amosarase o bloque "Alumnado" unicamente cando o idioma seleccionado no selector de idiomas sexa o galego.

bloque alumnado

Última modificación: luns, 17 de abril de 2017, 12:16 PM