Para o correcto funcionamento deste módulo debe estar instalado e configurado o módulo Lightbox2 en Drupal. No seguinte enlace pódese consultar información de como facelo:

Efectos visuais co módulo Lightbox

INSTALACIÓN DO MÓDULO "Node album"

  • Activar o módulo "Node album" no grupo AMTEGA - Webs Dinámicas. Este módulo foi desenvolvido polo equipo de soporte de Webs Dinámicas.

activación

  • Gardar os cambios.
  • Coa activación deste módulo, crearase automaticamente un novo tipo de contido denominado "Album" - quitámoslle o til para que apareza ao principio - (Administrar > Administración do contido > Tipos de contido). Editando o tipo de contido Album poderanse establecer as opcións predeterminadas para comentarios, promoción á páxina principal e demáis. (Por defecto non se admiten comentarios e non se promociona á páxina principal). 

tipos de contido

CONFIGURACIÓN DOS PERMISOS

  • Configurar os permisos do módulo para os diferentes roles. A seguinte imaxe amosa todos os permisos concedidos para o rol administrador e unicamente os permisos de crear, modificar e borrar os contidos propios de tipo álbum para o rol profesorado.

Permisos

CREACIÓN DUN CONTIDO DE TIPO ÁLBUM

  • Crear contido tipo "Album". 

crear contido

  • Especificar un título (obrigatorio) e un corpo (opcional). O corpo pode empregarse para facer unha pequena descrición do álbum que se vai visualizar.
  • No despregable "Escolla un álbum da Galería", seleccionar o álbum da galería Coppermine que se desexa visualizar (obrigatorio). Por defecto, aparecerán ordeados de xeito descendente pola súa data de creación, polo que os álbumes creados máis recentemente aparecerán na lista por riba dos máis antigos.
    • A lista desplegable amosa: Nome da categoría -> Título do álbum.
    • Se o álbum non pertence a ningunha categoría, amosarase: Sen categoría -> Título do álbum.
    • Se un álbum pertence a unha subcategoría dunha categoría pai, amosarase unicamente a de nivel inferior.  É dicir,  aquela que contén directamente o álbum.
  • O resto dos parámetros poden configurarse como para calquera outro tipo de contido de Drupal.

creando álbum

  • Gardar.
  • A imaxe que se xunta a continuación amosa o álbum co título "OTRO" da categoría "Uno": Álbum: Uno -> OTRO

Album creado

VISUALIZACIÓN DO RESULTADO

É posible establecer tanto a imaxe inicial sobre a que hai que premer para iniciar a reprodución das imaxes do álbum con efecto Lightbox como a orde de secuencia de reprodución das mesmas, de acordo coas seguintes consideracións:

  • No caso de que no álbum da galería teñamos especificada unha das súas imaxes como Miniatura do álbum, esta será visualizada debaixo do texto do corpo do contido (No seguinte enlace detállase o xeito de establecer a imaxe de portada dun álbum en Coppermine). No caso contrario visualizarase a primeira imaxe do álbum segundo a orde establecida na configuración da galería. Ao facer click sobre ela, iniciarase un slide coa presentación de todas as imaxes do álbum con efecto Lightbox polo criterio establecido na configuración do Coppermine. Para establecer a orde de aparición das imaxes podes consultar a seguinte información.

  • Para modificar o tempo das transicións entre imaxes, facer un ciclo continuo, ou pase manual das imaxes, consultar a documentación sobre o módulo Lightbox no enlace indicado anteriormente.

Lightbox en funcionamento

CONSIDERACIÓNS A TER EN CONTA:

  • Para poder publicar un contido de tipo "Album" nun termo dunha categoría xa creada deberase editar o vocabulario da taxonomía correspondente (Administrar > Administración do contido> Taxonomía) e engadir o tipo de contido Album para dita taxonomía.
  • Sempre que se acceda a un contido de tipo Album, visualizarase unha imaxe do álbum seleccionado tanto na vista resumida (teaser) como na vista completa do contido, sempre a continuación do corpo do contido.

Last modified: Monday, 22 November 2021, 9:26 AM