Traducir un contido de Drupal a diferentes idiomas
O módulo Content Translation do Núcleo-Opcional de Drupal pemite a tradución dun contido a diferentes idiomas.
A continuación explicarase o seu funcionamento:
ACTIVACIÓN DO MÓDULO CONTENT TRANSLATION
- Administar > Construción do sitio > Módulos
ASIGNACIÓN DE PERMISOS AOS DIFERENTES ROLES
- Administar > Xestión de usuarios > Permisos
- A seguinte imaxe amosa a posibilidade de tradución dos contidos aos roles administrador e profesorado
HABILITACIÓN DA TRADUCIÓN PARA OS DIFERENTES TIPOS DE CONTIDO
- Administrar > Administración do contido > Tipos de contido
- Seleccionar un tipo de contido (por exemplo, tipo páxina) e "Editar".
- Nas "Opcións de fluxo", "Soporte para múltiples idiomas", seleccionar "Activado, con traducción".
- Gardar o tipo de contido
CREACIÓN / EDICIÓN DUN CONTIDO. SELECCIÓN DO IDIOMA
- Crear / editar un contido tipo páxina. Aparecerá de xeito adicional a opción "Idioma". Seleccionar galego.
- A seguinte imaxe amosa o resultado de crear un contido de tipo páxina co título "Probas multilinguaxe" e corpo "Este é un exemplo de proba multilinguaxe". Observar que aparece unha nova lapela denominada "Traducir".
TRADUCIÓN DO CONTIDO AOS DIFERENTES IDIOMAS DA PLATAFORMA
- Facer click na lapela "Traducir" para incorporar a tradución aos diferentes idiomas habilitados na plataforma. Para cada idioma, "Engadir traducción".
-
A efectos prácticos, o módulo Content Translation crea un contido diferente para cada idioma (título e corpo). Este aspecto pode comprobarse de xeito sinxelo na ruta Administrar > Administración do contido > Contido.
- OLLO: Ao tratarse de nodos distintos en cada idioma, haberá que especificar para cada un deles os termos dos vocabularios de taxonomía onde serán publicados.
VISUALIZACIÓN DO RESULTADO
- Premendo sobre "Galego" ou "Español" accederase á versión nos idiomas indicados.
CONFIGURACIÓN DOS IDIOMAS DO SITIO WEB
- Administrar > Configuración do sitio > Idiomas.
- Na lapela Configurar, Negociación de idioma, seleccionar Só prefixo da ruta.
- Na Lista de idiomas, editar o idioma inglés e engadir en Prefixo da ruta o prefixo "en".
ENGADINDO NOVOS IDIOMAS AO SITIO WEB
- Administrar > Configuración do sitio > Idiomas
- Engadir un idioma.
- A seguinte imaxe amosa o resultado despois de habilitar o idioma francés.
- Cada vez que se engade un idioma pódese descargar un ficheiro ".po" coas traducións do sistema directamente da web de drupal: https://localize.drupal.org/translate/languages/. Selecciónase o idioma e a versión de Drupal correspondente para a tradución. (No proxecto Webs Dinámicas, actualmente é a versión 6.38).
- Na ruta Administrar > Configuración do sitio > Traducir interface, seleccionar o ficheiro .po descargado anteriormente.
- Xa estará dispoñible a posibilidade de tradución ao novo idioma.
Última modificación: lunes, 17 de abril de 2017, 11:50