Características do módulo Lightbox2

O módulo Lightbox2 permite superpoñer imaxes de xeito temporal sobre os contidos da nosa páxina. A súa configuración é moi sinxela e funciona con todos os navegadores actuais.

O funcionamento é o seguinte: colocaremos unha imaxe en miniatura en calquera lugar da páxina de maneira que ao facer clic sobre ela, a imaxe amosarase en tamaño grande como unha imaxe flotante por riba da páxina, superpoñéndose a calquera dos contidos que hai nela. Isto facilítanos moito o deseño da páxina, liberándonos das limitacións de espazo que establecen o resto dos contidos. En caso de incorporar varias imaxes, pódese establecer o xeito no que se realizará a transición entre todas elas: de xeito manual ou como unha presentación (slide).

Trátase dun módulo moi completo que incorpora moitas funcionalidades.


O módulo LightBox2 está dispoñible para todos os centros participantes no proxecto Webs Dinámicas pero non está activado por defecto. Polo tanto, previamente ao seu emprego, debe ser activado e configurado polo administrador do sitio web do centro.

Os pasos a seguir polo administrador do sitio web son os seguintes:

  • Habilitar o módulo "Lightbox2" (ou comprobar se xa está activado) na ruta Administrar > Construción do sitio > Módulos e facer click en "Gardar a configuración".

habilitar lightbox

  • Activar os módulos "Image Assist" e "Image Attach" para permitir aos usuarios incorporar imaxes nos seus contidos que poidan empregar o efecto lightbox

image_atach_assist

  • Asignar os permisos correspondentes para o módulo "Lightbox2" na ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos
    • Marcar a opción "Administer lightbox2" para o rol administrador e gardar os cambios.
    • A opción "Download original image" permite, en caso de activación, descargar as imaxes orixinais ás que lles aplicamos o efecto lightbox.

permisos lightbox

  • Asignar o permiso "view original images" a todos os roles no módulo "image". (É suficiente con marcar os roles usuario anónimo e usuario autenticado).

original size

  • Asignar os permisos correspondentes para o módulo "Image Attach" na ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos. Na seguinte imaxe activouse "attach images" para o rol usuario autenticado, polo que xa estará dispoñible para todos os roles (agás o anónimo).

permisos image attach

  • Asignar os pemisos correspondentes para o módulo "Image Assist"  na ruta Administrar > Xestión de usuarios > Permisos. Na seguinte imaxe activáronse para o rol usuario autenticado "access advanced options", "access img_assist" e "use original size", polo que xa estarán dispoñibles para todos os roles (agás o anónimo).

permisos image assist

  • Configurar o módulo "Lightbox2" para establecer o seu funcionamento de entre as moitas opcións dispoñibles na ruta Administrar > Configuración do sitio > Lightbox2
CONFIGURACIÓN LIGHTBOX
Lapela "Xeral"

Permite configurar diversas opcións do comportamento xeral do módulo.

De entre as moitas opcións dispoñibles, destácase especialmente "Page specific lightbox2 settings", que permite especificar se este módulo vai actuar unicamente nas páxinas especificadas, ou ben en todas as páxinas agás as especificadas.

Se deixamos marcada a opción por defecto "Load on every page except the listed pages" e non introducimos ningunha páxina no recadro, o módulo actuará en todas as páxinas do noso sitio.

lightbox paxinas


Lapela "Slideshow"

Permite configurar os diversos comportamentos do "slideshow" (pase de diapositivas): intervalos de tempo entre diapositivas, parada automática, inicio automático, lazo continuo... etc.

lightbox slide


Lapela "HTML Content"

O módulo Lightbox2 pode amosar as imaxes soas, ou conxuntamente co resto do contido HTML da páxina onde se atopan.
Desde esta lapela podemos configurar o tamaño da nova ventá onde se amosará a imaxe integrada no contido HTML, no caso de que nos decidamos por esta opción (ver lapela seguinte).


Lapela "Automatic image handling"

Permite establecer o tipo de imaxes sobre as que vai actuar este módulo.
Como norma xeral, activaranse as funcionalidades de Lightbox2 para a sección "Image node settings". (Nodos de tipo imaxe de Drupal)

Automatic handler for image nodes / Automatic handler for Image Assist custom size images
  • Seleccionarase a opción "Lightbox" se queremos que as imaxes se amosen soas (opción inicialmente recomendada).
  • Seleccionarase a opción de "HTML content" se queremos que as imaxes se amosen integradas nos contidos HTML nos que se atopan cos parámetros definidos na lapela "HTML Content".
  • Seleccionarase a opción "SlideShow" para crear unha presentación das imaxes como un pase de diapositivas cos parámetros definidos na lapela "SlideShow".

   A seguinte imaxe amosa a configuración do módulo para xerar un slide automático coas imaxes subidas.

opcións de configuración lightbox

 
Last modified: Monday, 10 April 2017, 12:47 PM