Táboas

Nalgún momento pode ser que desexemos empregar táboas dentro dos contidos que creamos. Algunhas veces pode ser por motivos de maquetación e outras por amosar dun xeito ordenado a información (por exemplo, un horario de clases).

Para inserir unha táboa, premeremos sobre o botón que leva unha táboa por imaxe.

Inserir táboa

Aparecerá unha xanela que nos ofrece unha serie de opcións por defecto.

Propiedades da táboa

Nesta xanela configuramos as características da táboa que desexamos inxerir:

Na xanela Xeral atopamos as seguintes opcións:

  • Columnas: Introducimos o número de columnas (por defecto marca 2).

  • Filas: Introducimos o número de filas (por defecto marca 2, no exemplo variamos a 3).

  • Recheo de celda: É o espazo que queda entre o borde da táboa e o texto introducido no interior das celdas.

  • Espazo entre celdas: É a separación que queda entre una celda e outra.

  • Aliñación horizontal: É a posición que tendrá a táboa na xanela de presentación (os valores permitidos son: Centrado - Esquerda - Dereita). Pódese deixar sen seleccionar ningún valor (opción por defecto).

  • Borde: Esta opción e para darlle ó borde da táboa unha apariencia sombreada e resaltada. Aquí indicaremos o número de píxeles que desexamos darlle ao borde, por exemplo: 1 px.

  • Ancho: Indica o ancho que terá a tabla en píxeles (500) ou en porcentual (50%). É recomendable que as dimensións máximas do ancho da táboa sexa de 600 para unha resolución de pantalla de 1024 (ollo! nunca podemos saber con seguridade a resolución dos monitores dos visitantes da nosa web).

  • Alto: Indica o alto que terá a tabla en milímeros. Non é recomendable fixar ningún valor, xa que a táboa irá medando a medida que se vaian metendo contidos dentro dela.
  • Clase: Non é necesario seleccionar ningún valor.

Na xanela Avanzado atopamos as seguintes opcións:

Propiedades avanzadas da táboa

  • Id: Podemos poñerlle un identificador á táboa (para usuarios avanzados).

  • Resumo: Información sobre o contido que aloxará a táboa, función...

  • Estilo: A medida que personalicemos a táboa, irá aparecendo aquí información sobre os estilos aplicados: ancho, fondo..

  • Código da lenguaxe: Información sobre a idioma que estemos empregar ("es" para español, "gl" para galego...)

  • Imaxe de fondo: Esta opción nos permite inxerir unha imaxe de fondo da táboa.

  • Recadro: Deixar opción por defecto --Ningún--

  • Regras: Deixar opción por defecto --Ningún--

  • Dirección da lenguaxe: Podemos elexir a dirección entre Esquerda a dereita  ou Dereita a esquerda.

  • Cor do borde: Permítenos elixir a cor dos bordes da táboa.

  • Cor do fondo: Permítenos elixir a cor do fondo da táboa.

Sen máis configuración que a que aparece nas capturas anteriores, ao crear unha nova táboa teremos algo semellante ao que se amosa a continuación:

Táboa recén creada

Se probamos a meter un contido nalgunha das súas celdas, probablemente ocurra que as columnas cambian de ancho. Esto faise para tratar de distribuir correctamente o contido.

Distribución das columnas

Se non queremos que ocurra esto, teremos que modificar as propiedades dalgunha das celdas da columna á cal lle queremos fixar o ancho. Chega con que modifiquemos as propiedades dunhas das celdas da columna, xa que ao fixar nunha delas o ancho vense afectadas todas as da mesma columna. O ideal será modificar as propiedades das dúas celdas situadas na parte superior das dúas columnas da nosa táboa de exemplo. Ao elixir as celdas superiores, si nun futuro temos que volver sobre elas para modificar de novo estas propiedasdes, sempre nos será doado localizalas.

Para facer esto teremos que premer, tendo o cursor na celda desexada, sobre o botón denominado "Propiedades da celda".

Propiedades de celda

Aparece unha nova xanela con dúas lapelas: Xeral e Avanzado. Na lapela de Propiedades xerais buscamos o campo correspondente a anchura e fixamos o valor. Este valor pode ser tanto en píxeles (p.e.: 250) como en porcentual (p.e.: 50%).

Ancho de celda

Na lapela de Propiedades avanzadas podemos personalizar, por exemplo, a cor de fondo da celda.

Cor de fondo da celda

Finalmente prememos sobre o botón Actualizar para aplicar os cambios e a táboa cambia de aspecto e as columnas xa quedan distribuidas coas anchuras indicadas, a pesar de ter ou non ter contido.

Táboa con columnas de ancho fixo e cor de fondo en celdas superiores

IMPORTANTE: antes de Gardar o novo contido que estamos creando e no cal introducimos unha táboa, é fundamental que todas as celdas teñan algún contido no seu interior, xa que do contrario pode ser que despois non poidamos editar correctamente de novo a táboa ou, máis importante, que se produzan danos no estilo da páxina, xa que unhas táboas poderían recoller os contidos publicados anteriormente, causando un efecto de desorde na páxina web. Se non temos o traballo rematado e nalgunhas celdas aínda non hai contido, pódese poñer un carácter, un espazo, un punto... algo.

Observemos a continuación como quedan as separacións entre as celdas e as separacións dos bordes das celdas e os contidos, según os valores otorgados anteriormente.

Propiedades de separacións das celdas

Adicionalmente ao anterior é posible centrar os contídos en cada celda .

Finalmente, unha vez publicado o contido, tamén hai que ter en conta que as diferentes plantillas (temas) de Drupal poden facer que as táboas se amosen con algunha diferenza. 

Última modificación: martes, 14 de febreiro de 2017, 12:13 PM